HomeCulturaLucus Ensemble en Taboada este día 21 da man da Vicepresidencia da...

Lucus Ensemble en Taboada este día 21 da man da Vicepresidencia da Deputación

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo organiza, coa colaboración do Concello de Taboada, un concerto do grupo Lucus Ensemble, baixo o título “A Muller na Historia da Música” para este sábado 21 de maio.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A actuación, ás 21.00 horas no Salón de Actos do Cuartel Vello, forma parte dun ciclo impulsado desde a área de Cultura para achegar a todos os públicos a música de mulleres que fixeron grandes contribucións á historia da música desde o punto vista da composición, da interpretación ou da edición, algunhas delas tamén moi comprometidas coa reivindicación do papel das mulleres na sociedade.

O concerto, en clave divulgativa, ofrecerá un repertorio con pezas desas creadoras, introducidas por breves comentarios sobre a biografía, a obra e contexto histórico no que se desenvolveron as autoras e a proxección de fotografías e documentos.

Así, soarán pezas ou interpretacións das compositoras francesas Clemence de Grandval (1828-1907), Hedwige Chrétien (1859-1944) e Lili Boulanger (1893-1958), da pianista e educadora musical romanesa Liana Alexandra (1947-2011), da compositora de orixe irlandés Augusta Holmes (1847-1903) ou da saxofonista estadounidense Elise Hall (1853-1924). Tamén cancións das grandes referentes da música en América Latina no século pasado como a chilena Violeta Parra, a arxentina Mercedes Sosa ou a cubana María Teresa Vera, na voz de Pilocha, pioneira da canción en galego e vocalista feminina de Lucus Ensemble.

Lucus Ensemble

Lucus Ensemble é un dos referentes da música de cámara de toda a provincia de Lugo. Cunha plantilla de once compoñentes (nove instrumentistas e dous vocalistas), goza dun prestixio gañado ao longo dos máis de 6 anos da súa existencia e dos múltiples concertos e repertorios desenvolvidos neste tempo. Constituídos como asociación sen ánimo de lucro, o obxectivo é a difusión da música de cámara e a posta en valor da muller na historia da música.

ÚLTIMAS

Monforte presume de 5 Q de Calidade Turística

Os espazos que obteñen a certificación superaron con éxito os criterios de calidade establecidos...

Láncara conciencia sobre a separación dos residuos orgánicos

Esta campaña vai destinada a toda a veciñanza de Láncara e móstrase como tiro...

Dinámica: o local de celebracións ‘autoservizo’ de Monforte

Dinámica nace da man de Mara González Lagoa e coa idea de ofrecer un...

A aldea do Cotillón, un exemplo da tendencia por decorar as aldeas do rural no Nadal

As decoracións de Nadal a nivel particular e a nivel público semella que van...