HomesociedadeComo foi o ensino na Terra de Lemos nos séculos XIX e...

Como foi o ensino na Terra de Lemos nos séculos XIX e XX?

Podemos sabelo grazas á obra que vén de publicar o profesor monfortino Pedro Gómez. A Deputación Provincial de Lugo colaborou mercando 334 exemplares.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

“O Ensino na Terra de Lemos nos séculos XIX e XX” é unha obra do profesor monfortino Pedro Gómez que fai un repaso pola historia do sistema educativo do sur da provincia incorporando o relato de pequenas historias persoais de mestres e mestras, mecenas, reformadores educativos e alumnos. A institución provincial colaborou coa publicación adquirindo 334 exemplares deste libro.

O Presidente da Deputación de Lugo e Alcalde de Monforte de Lemos, José Tomé Roca, presentou a obra o pasado xoves 26 de maio na Casa da Cultura. No transcurso do acto destacou que Pedro Gómez “coñece dende todos os puntos de vista posibles a evolución e a realidade do sistema educativo, como mestre, como inspector de Educación ou como responsable de cargos autonómicos relacionados coa organización educativa. Por iso, nas páxinas deste libro asoma a gran historia do noso sistema educativo, pero tamén as pequenas historias persoais de mestres e mestras, mecenas, reformadores educativos e alumnos”.

José Tomé: “nas páxinas deste libro asoma a gran historia do noso sistema educativo, pero tamén as pequenas historias persoais de mestres e mestras, mecenas, reformadores educativos e alumnos

Esta historia da educación reflicte tamén a historia xeral de Galicia e de España, “así que atoparemos na lectura avances e retrocesos. Liberais ou absolutistas, dictatoriais ou democráticos, todos os gobernos da nosa historia coincidiron en considerar a Educación  como un dos piares do Estado. Por desgracia, algúns pelexaron máis por controlala que por darlle elementos para desenvolverse”, explicou o Presidente.

José Tomé lembrou ademais que a Terra de Lemos estivo “conectada sempre ás grandes correntes educativas das diferentes épocas” e que “o carácter ilustrado da Corte dos condes no Século de Ouro sentou as bases dun aprezo polo ensino que non minguou co paso dos anos”. Neste senso sinalou que aquí, xunto coas escolas municipais, atopamos o Seminario, o Real Colexio de Humanidades e as escolas vinculadas aos empregados do ferrocarril.

UNHA REFLEXIÓN SOBRE INVESTIMENTOS EN EDUCACIÓN

O presidente da Deputación argumentou que, “como ocorre con todos os libros que recuperan e que poñen en valor o noso pasado, esta obra debe servirnos tamén para pensar no futuro”. Citando un dato do autor, lembrou que no ano 1900 España destinaba ao ano 1,53 pesetas por habitante a educación, cando daquela Alemaña destinaba o equivalente a 10 pesetas. Despois de máis dun século, no ano 2018, o gasto per cápita en educación en Alemaña subía a 2.396€. En Galicia, o gasto en educación por cada galego non chegaba ós 1.000 euros no ano 2021.

No ano 1900 España destinaba ao ano 1,53 pesetas por habitante a educación, cando daquela Alemaña destinaba o equivalente a 10 pesetas

Coa exposición destos datos convidou finalmente a reflexionar sobre a necesidade de apostar firmemente polo ensino público, universal e de calidade.

ÚLTIMAS

CV Ciudad de A Coruña gaña o Campionato Galego de Volei Feminino Cadete que se celebrou en Monforte

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, xunto co Concelleiro de Deportes, José Manuel...

Do 21 de abril ao 20 de maio pódese solicitar a inscrición en Artelemos 2026

As artesás e artesáns interesados en participar deberán presentar o modelo normalizado de solicitude...

Xornada informativa sobre a regularización extraordinaria de persoas migrantes, este 22 de abril no Auditorio Municipal de Chantada

A actividade que se desenvolverá no Auditorio Municipal de Chantada está aberta ás persoas...

Este 20 de abril celébrase a imposición das Medallas do Concello de Monforte aos policías locais Eusebio Cuesta, a título póstumo, e Francisco Cao

A imposición de Medallas pon fin ao procedemento de Símbolos e Distincións recollido na...