HomeEconomíaNava Castro e José Tomé sobre a Mostra do Aceite de Quiroga:...

Nava Castro e José Tomé sobre a Mostra do Aceite de Quiroga: “cómpre apoiar este tipo de festas”

A directora de Turismo de Galicia e o Presidente da Deputación Provincial de Lugo foron os encargados da 'inauguración oficial' da XXII Mostra do Aceite de Quiroga este pasado 29 de maio en Bendilló.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A recreación da moenda tradicional das olivas no Muíño de Bendilló segue espertando expectación e sorprendendo moito aos visitantes, dándolle este carácter etnográfico un valor singular e diferencial.

A mostra do AOVE quirogués tivo lugar este 29 de maio e durante toda a mañá estivo á venda no recinto feiral o aceite elaborado por cinco olivicultores do municipio: José Manuel López Maseda, Jesús Bao Mondelo, Jesús Arias Rodríguez, Manuel Mondelo Rodríguez e Pedro Soto Losada. Todos eles coincidiron en que as vendas foron moi boas e tamén en que os anos de pandemia fixeron que se perdera un pouco a afluencia a esta mostra. Aínda así, sinalaron que a xente que acude vén coa intención de mercar aceite.

Stand de Ouro de Quiroga. Foto: S.B.

NAVA CASTRO E JOSÉ TOMÉ, ENCARGADOS DA INAUGURACIÓN

Como novidade desta edición, a mostra contaba cunha inauguración oficial. Os encargados do simbólico corte de cinta foron a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e o Presidente da Deputación Provincial de Lugo, José Tomé. Tanto Nava Castro como José Tomé coincidiron en que é preciso apoiar este tipo de festas; no caso da directora de turismo porque axudan moito a que calquera persoa que se achegue a Galicia tamén visite Quiroga e no caso do presidente da Deputación porque axudan a que non se perda poboación no rural.

Outro punto no que tamén coincidiron é na importancia de que se recoñeza oficialmente o Aceite de Quiroga buscando unha protección europea ben sexa a través dunha Indicación Xeográfica Protexida ou a través dunha Denominación de Orixe. Nesta distinción é na que se está traballando en Quiroga dende hai anos e que agora AGACAL, a Axencia Galega de Calidade Alimentaria, asumiu o compromiso de axudar como anunciou o seu director José Luís Cabarcos.

Rematada a Mostra, o Alcalde de Quiroga, Julio Álvarez, facía unha valoración positiva do evento de exaltación do aceite local, tanto polas vendas como pola promoción e pola ampla representación institucional.

ÚLTIMAS

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...

O PP de Monforte leva a pleno solucionar as “deficiencias” do Polígono do Reboredo

Na moción que defenderán os concelleiros do Grupo Municipal Popular pídese ao goberno local...

Máis de 80 participantes nos obradoiros gratuítos de dixitalización impartidos nas parroquias de Monforte

A formación ofertada tiña por obxectivo capacitar en habilidades tecnolóxicas básicas á veciñanza do...

Juan Bouzo, o Caldelao que chega aos 104 anos

Juan Bouzo, un veciño de Castro Caldelas que alcanzou a idade de 104 anos,...