HomeEconomíaO Goberno adianta facturas dos concellos de Pol e Quiroga por importe...

O Goberno adianta facturas dos concellos de Pol e Quiroga por importe de case 424.000€

A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, anunciou que o Ministerio de Facenda e Función Pública adiantou o abono de 32 facturas e certificacións de obra que tiñan pendentes de pago os concellos de Pol e de Quiroga, por un valor de 423.753,99 euros.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este abono forma parte do Mecanismo Extraordinario aprobado polo Goberno en xaneiro deste ano para facilitar aos gobernos locais o pago de débedas pendentes e anteriores a xullo de 2021.

Isabel Rodríguez explicou que “o Goberno volve inxectar liquidez, así, ás arcas municipais, ao tempo que facilita a aquelas pequenas empresas e autónomos o cobro de débedas pendentes por obras e servizos prestados a estes dous concellos da provincia”.

O Ministerio de Facenda e Función Pública puxo en marcha en xaneiro este mecanismo extraordinario para pagar de forma máis áxil aos provedores das Entidades Locais e cancelar as facturas pendentes de pago máis antigas destas entidades (anteriores a xullo de 2021). Este instrumento vén regulado na Lei de Orzamentos Xerais do Estado para 2022 e materializouse a través dunha Resolución da Secretaría Xeral de Financiamento Autonómico e Local.

As entidades locais que se podían acoller a esta medida eran aquelas que acreditaran un período medio no pago das súas obrigas superior a 30 días en decembro de 2020 ou en marzo ou xuño de 2021. Finalmente, en Galicia son 28 os Concellos que participan deste proceso e nos que os seus acredores aceptaron expresamente o cobro a través deste mecanismo.  

Os concellos poderán financiar a devolución deste abono anticipado a través dunha operación de endebedamento con vantaxosas condicións financeiras. Se os concellos non optan polo préstamo, os adiantos seranlles retraídos da cantidade que perciben da súa Participación nos Tributos do Estado. A subdelegada destacou que esta medida extraordinaria contribúe a inxectar liquidez aos concellos e forma parte das medidas do Goberno para facilitar a xestión da administración máis próximas aos cidadáns.

ÚLTIMAS

O Quiroga Trail Challenge ‘reinvéntase’

Despois dun agosto fatídico para parte das montañas do Concello de Quiroga por mor...

A Xunta resposta a Tomé sobre a acollida de migrantes no centro de Monforte: “Se demostrou ser solidario debería dar as grazas”

A conselleira de Política Social, Fabiola García, replicou ao alcalde de Monforte e presidente...

Monforte prepárase para o San Mateo

A mesa de seguridade para a celebración do San Mateo estableceu tamén a circulación...