HomeDeportesFin de semana do CB Val de Lemos

Fin de semana do CB Val de Lemos

Os cadetes perden nas semifinais de copa e os benxamíns quedan terceiros na liga.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Benxamín: Cuartos de final de copa, COB 43-23 CB Val de Lemos. Partido de volta no que o equipo ourensán volveu levar a victoria ante o Val de Lemos e consegue acceder ás semifinais da copa. Moi boa tempada do equipo de Sobrino, cunha gran evolución que os fixo rematar no terceiro posto ligueiro e no que loitou ata o final na copa, caendo ante un dos favoritos.

Infantil: Penúltima xornada da fase de ascenso, CB Meco O Grove 46 – 49 CB Val de Lemos. Primeiro dos dous encontros entre os do Grove e os monfortinos, nos que se decidirá o gañador do grupo sur, que se enfrontará na final co vencedor do grupo norte, pola única e moi disputada praza de ascenso á liga galega. Foi un encontro igualadísimo, con dous equipos moi fortes defensivamente, no que os discípulos de Marga foron sempre por diante no marcador, pero no que as ventaxas non foron máis alá dos seis puntos. Así, chegouse a uns intres finais non aptos para cardíacos, nos que os locais tiveron a oportunidade da igualada, que evitaron os monfortinos cunha gran defensa, o que lles permitiu traer a victoria e o primeiro posto da liguilla para á casa. Agora toca preparar o encontro de volta en Monforte, no que ambos loitarán por unha praza na gran final

Cadete: Semifinal de copa Ida COB 54 – 34 CB Val de Lemos. Volta CB Val de Lemos 36 – 80 COB. Viña o cadete cunha gran xeira de resultados e xogo, pero nas semifinais tiñan que facer fronte a un equipo de liga galega. 
Os monfortinos non baixaron os brazos en ningún momento pero víronse superados pola gran defensa e o gran acerto rival. Remata a tempada tamén para o equipo cadete, que comezou con moitos integrantes novos, algúns con pouco rodaxe no mundo do baloncesto, pero que con traballo e esforzo foron indo a máis ata chegar a unas semifinais de copa.

Senior: Copa Deputación Abrente Val de Lemos 58-53 Abrente Barbadás. Derradeira xornada da liguilla da copa, á que os monfortinos chegaban co primeiro posto e o acceso a semifinais xa conseguido. 
Pese a non haber nada en xogo, foi un intenso partido de baloncesto no que os locais foron dominando o partido, ata que nun arreón final os ourensáns igualaron o encontro. Tras facer algúns axustes e grazas a unhas boas accións defensivas, a victoria quedou en Monforte e o equipo dirixido por Sanchino acabou invicto a liguilla. A próxima fin de semana será intensa para o equipo, xa que a semifinal disputarase o sábado, e a final, no caso de disputala, o domingo.

ÚLTIMAS

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...

O PP de Monforte leva a pleno solucionar as “deficiencias” do Polígono do Reboredo

Na moción que defenderán os concelleiros do Grupo Municipal Popular pídese ao goberno local...

Máis de 80 participantes nos obradoiros gratuítos de dixitalización impartidos nas parroquias de Monforte

A formación ofertada tiña por obxectivo capacitar en habilidades tecnolóxicas básicas á veciñanza do...

Juan Bouzo, o Caldelao que chega aos 104 anos

Juan Bouzo, un veciño de Castro Caldelas que alcanzou a idade de 104 anos,...