HomeCulturaSegredos de Pantón presenta "Cultiva Cultura 2022"

Segredos de Pantón presenta “Cultiva Cultura 2022”

O colectivo cultural pantónes presenta por terceiro ano consecutivo a programación cultural para este verán.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Estas son as actividades que veñen de presentar dende a entidade cultural Segredos de Pantón, abertas a podo o público e que empezarán este sábado 23 de xullo:

23 de xullo: Visita á igrexa de San Romao de Moreda. Coñecerase este templo, “as historias que ten que contarnos e coñeceremos algo máis sobre o seu antigo prirodado”, din dende a asociación. Nesta actividade colaboran coa Asociación de Veciños/as de San Romao de Moreda.

Hora de comezo as 10 da mañá e prezo da actividade: 2 euros/persoa.

29 de xullo: Charla sobre a organización territorial de Pantón na Idade Media da man do historiador Luis Manuel Ibáñez Beltrán.

Será no salón de actos do Edificio Sociocultural do Concello de Pantón.
Hora de inicio: 18 horas.

De cara xa ao mes de agosto, e nunha data aínda por determinar: Ruta polo Carballedo máis pantonés, onde conxuntamente coa asociación de veciños O Bubaíño de Castro, percorrerase A Grixoá, Paradela e as fermosas igrexas románicas de Santo Estevo de Chouzán e San Martiño da Cova. Esta actividade ten un prezo de 2 euros/persoa.

ÚLTIMAS

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...

O PP de Monforte leva a pleno solucionar as “deficiencias” do Polígono do Reboredo

Na moción que defenderán os concelleiros do Grupo Municipal Popular pídese ao goberno local...

Máis de 80 participantes nos obradoiros gratuítos de dixitalización impartidos nas parroquias de Monforte

A formación ofertada tiña por obxectivo capacitar en habilidades tecnolóxicas básicas á veciñanza do...

Juan Bouzo, o Caldelao que chega aos 104 anos

Juan Bouzo, un veciño de Castro Caldelas que alcanzou a idade de 104 anos,...