HomeCulturaA Pobra do Brollón celebra As Cores do Outono a última fin...

A Pobra do Brollón celebra As Cores do Outono a última fin de semana de setembro

A cita organizada polo Concello da Pobra do Brollón celebra dende hai xa oito anos o inicio da estación outonal con propostas ligadas ás músicas de raíz galegas. O Festival celébrase os días 24 e 25 de setembro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este ano, o cartel está encabezado por tres formacións totalmente femininas: o dúo Caamaño&Ameixeiras – Premio Martín Códax da Música 2021 na categoría folk –; a agrupación Leilía – formación pioneira na música tradicional de Galicia –; e a consolidada agrupación Habelas Hainas.

“Traemos unha edición con tres propostas dun nivel impresionante”, comenta o alcalde da Pobra do Brollón, Xosé Lois Maceda. “O cartel é un mostrario do inmenso talento das mulleres músicas galegas e o seu afán de innovación e renovación, dende as pioneiras Leilía ata proxectos máis contemporáneos como Caamaño&Ameixeiras”, engade.

O sábado de festival, ademais dos tres concertos que se celebran á noite, haberá un vermú poético-musical, e pola tarde, obradoiro de baile tradicional con Montse Rivera de Leilía. Ao longo da tarde-noite, como é costume haberá barra e postos de artesanía e comida. O domingo, como todos os 25 na Pobra do Brollón, hai feira con postos de polbo e Mercado Circular, unha nova iniciativa municipal para apoiar o consumo local e
sostible. Como excepción, o mercado celebrarase na área recreativa Samugueiros, onde ao mediodía o público poderá gozar do espectáculo de circo de rúa ‘C’est pas possible’ da compañía Sempre Arriba.

O acceso a toda a programación de As Cores do Outono é de balde. Pódese consultar máis información e horarios na páxina web (http://www.concellodapobradobrollon.gal/gl) e redes sociais do Concello da Pobra do Brollón.

ÚLTIMAS

O equipo de debate de BAC do IES Río Cabe na fase final do Parlamento Xove

O equipo de debate de BAC do IES Río Cabe, integrado por Sabela Castro...

8M en Monforte con presenza do alcalde e sen a oposición

A concentración tivo lugar ás 13.00 horas na Praza da Compañía, diante das Casitas,...

O BNG de Pantón homenaxea no 8M a Cándida Fernández

Durante os próximos meses dende o BNG de Pantón aseguran que seguirán promovendo actos...

O IV Premio da Muller Caldelá foi para Pepita Carballo

Castro Caldelas celebrou o pasado venres 6 de marzo o Día da Muller reivindicando...