HomeComarca de QuirogaQuirogaO Meco e As Pampórnigas volven tras dous anos de pandemia

O Meco e As Pampórnigas volven tras dous anos de pandemia

A Ermida, en Quiroga, recuperou o ambiente de antes da pandemia para celebrar as festas na honra da Virxe dos Remedios. Como non podía ser doutro xeito, luciron de novo as procesións e a danza do Meco e as Pampórnigas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Do 7 ao 9 de setembro tiveron lugar as Festas na honra da Virxe dos Remedios en San Vitorio e A Ermida, dous núcleos de poboación do Concello de Quiroga.

Tras dous longos anos de pandemia nos que se tiveron que cancelar as súas festas, este ano volveron con forza para recuperar o tempo perdido. A comisión de festas da Asociación Cultural Souto do Val organizaou unha programación con tres días de festexos que empezaron cunha pancetada popular o pasado 7 de setembro e que tiveron continuidade con música en sesión vermú e de noite o xoves 8 e o venres 9 no campo da festa da Ermida.

No que respecta ás tradicións, e tras dous anos sen poder facer acto de presenza, brillaron nas procesións do 8 e o 9 o Meco e As Pampórnigas. Segundo comentaba a veciñanza, había ganas de recuperar a súa tradicional danza acompañando á procesión na que se honra á patroa, a Virxe dos Remedios.

Gaiteiros acompañando na procesión. Foto: Ana M.
A Virxe dos Remedios en procesión. Foto: Ana M.
Procesión. Foto: Ana M.
No adro da Igrexa de Santa María da Ermida. Foto: Ana M.

A FIGURA DO MECO

O Meco disque representa o Demo. Vai todo vestido de vermello, leva unha máscara de madeira, un complemento de tea e recheo que lle cubre cabeza e caluga (coñecido como “molida”) e unha vasoira de toxos. De cando en vez tamén usa unhas castañolas para facer ruído e advertir da súa presenza.

Amparo Montenegro afirmaba nunha reportaxe anterior a Xornal de Lemos que a máscara máis antiga do Meco data do século XVII e que a través da asociación foi restaurada no ano 2010.

Como comentamos, a súa función é abrir camiño á procesión ata a chegada da Virxe dos Remedios á Igrexa da Ermida. Xa alí, queda fóra e segundo a hipótese máis seguida, tamén ten o cometido de distraer aos fregueses para que non asistan ao acto relixioso. Acabada a procesión, os romeiros chegan á igrexa e entran para prestar atención á misa, pois ben, nese momento o Meco queda no adro entretendo e distraendo aos que poida e se deixen para que non participen na homilía. Todo apunta a que poda tratarse dun rito pagán que actualmente convive co cristián. pero hai tamén discrepancias nesta interpretación.

En calquera caso, o Meco entretén á xente que queda no adro e os asistentes participan dunha sorte de xogo no que lle tiran moedas ao chan para que se agoche a collelas e aproveitar este intre para vacilalo e pegarlle losqueadas na caluga. O Meco leva unha “molida” para amortecer os golpes e deféndese como pode co pau de toxos contra aqueles que se queren mofar del.

O Meco en plena acción. Foto: XMF

ÚLTIMAS

Sarria celebra dez anos do Esmorga Fest os días 17 e 18 de outubro

O festival comeza o venres 17 ás 20:00 horas coa apertura de portas na...

Publicadas as listaxes definitivas de admitidos no Programa Activa de Monforte que abre prazo extraordinario para cubrir vacantes

Xa están publicadas na páxina web municipal as listaxes definitivas de persoas admitidas nas...

Prodeme participa no Meeting Internacional Special Olympics 2025

Son 9 os deportistas de PRODEME quen viaxaron a Castelló, 7 xogadores compiten na...

‘Xornadas Lactouras’: achegamento á micoloxía desde diferentes perspectivas

Conta atrás para as 'Xornadas Lactouras', un ciclo de actividades arredor da micoloxía que...