HomesociedadeComo se dinamiza o agro e se loita contra os incendios?

Como se dinamiza o agro e se loita contra os incendios?

O conselleiro do Medio Rural, José González, visita o concello de Sober para presentar unha iniciativa de mobilización de terras agrarias, que segundo apunta, ten por obxecto, loitar contra o abandono e, consecuentemente, fixar poboación no rural e previr incendios forestais.

Publicado o

- Advertisement -

No concello de Sober vanse poñer en valor 21 hectáreas de terreo para o seu aproveitamento como pasteiros. Son 135 parcelas que pertencen a 86 propietarios. O Conselleiro do Medio Rural, José González, sinalou que “estamos diante dunha iniciativa de calado para este concello”. A actuación enmárcase nos diferentes proxectos de mobilidade de terras que impulsa Medio Rural, para a recuperación e posta en uso de terras abandonadas. Unha liña de traballo na que se invisten 2,7 millóns de euros en toda Galicia.

Ademais do caso de Sober, na provincia de Lugo, hai en marcha outras inciativas no Courel, Ancares e Val de Lemos. Segundo o conselleiro, neste tipo de actuacións, o Banco de Terras actúa como instrumento de identificación de áreas de gran aptitude agraria e elevado grao de abandono. Trátase dun elemento para a concentración da oferta a través da dinamización das persoas titulares dos terreos e de posta en contacto e arbitraxe entre titulares e axentes, tales como cooperativas ou empresas agrarias, interesados en promover proxectos produtivos agrarios de gran envergadura; afirma José González.

ÚLTIMAS

150 participantes na 2ª proba do Campionato Galego de Voleibol Benxamín e Prebenxamín que se celebra este 15 de marzo no Pavillón da Pinguela

A Tenente de Alcalde, Gloria Prada, acompañada polo Director Deportivo da Federación Galega de...

‘As Alumnas’, obra de teatro para conmemorar o 8M en Monforte

Dentro da programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios, e enmarcada na programación...

‘O Circo de Pinocho’ chega a Monforte

Monforte de Lemos acollerá esta fin de semana un espectáculo familiar que contará a...

A Real Sociedade Española de Historia Natural visita o Xeoparque Montañas do Courel do 14 ao 16 de marzo

Entre os días 14 e 16 de marzo de 2025, unha representación da Real...