HomeMovementos sociaisA campaña 'Fraseoloxía galega para pediatría' bota a andar

A campaña ‘Fraseoloxía galega para pediatría’ bota a andar

A Mesa pola Normalización Lemos presentou o pasado venres 7 de outubro esta acción que achegará adhesivos en galego aos servizos de pediatría dos ambulatorios de Lugo sur.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A presentación oficial da campaña, no salón de actos do Centro do Viño da Ribeira Sacra de Monforte, tivo como protagonistas ao presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Marcos Maceira, e ao responsable desta entidade na Comarca de Lemos e comarcas da contorna, Xosé Manuel Fernández.

Cunha asistencia dunhas 25 persoas, Marcos Maceira lembrou o traballo que realiza A Mesa para defender e garantir os dereitos lingüisticos das e dos galegofalantes, e Xosé Manuel explicou como naceu a inciativa da acción que se presentaba, ‘Fraseoloxía galega para pediatría’, e como será o seu desenvolvemento.

Salón de actos do Centro do Viño da Ribeira Sacra. Foto: Radio Monforte

Entre o público estiveron catro das ilustradoras e ilustradores, concretamente, Iria e Dani de Estudio Gnomo –Pantón–, Estefanía Padullés –Paradela–, e Noelia Rodríguez –Montefurado–. creadores que interviron para trasladar a súa satisfacción por teren participado na campaña e polo traballo creativo dos e das súas compañeiras na elaboración dos deseños.

No transcurso do acto tamén se amosaron ao público asistente todos e cada un dos deseños, os 15 autocolantes con frases galegas que se entregarán aos servizos de pediatría. Este traballo comezará a vindeira semana, coa distribución nos ambulatorios dos concellos de Lugo sur para que os/as pediatras poidan xa ir entregando aos seus usuarios e usuarias ao remate da consulta.

Ilustración Dani Vieitez (Estudio Gnomo).

ÚLTIMAS

Deteñen en Bóveda unha persoa requirida por un xulgado de Huesca

A Garda Civil detivo a unha persoa na localidade lucense de Bóveda tras non...

A Pobra do Brollón celebrará As Cores do Outono o 27 de setembro

O Concello da Pobra do Brollón vén de presentar o cartel da XI edición...

O lume non dá tregua no Concello de Quiroga

O incendio que saltou de Larouco a Quiroga o pasado 15 de agosto está...

Comeza a mellora da estrada provincial que une Sober e Ferreira por Canaval

Os traballos afectarán ao treito comprendido entre o punto quilométrico 0,100 e o 2,030...