HomePolíticaCastiñeira: "Tomé ten que dar explicacións aos veciños da Pobra do Brollón...

Castiñeira: “Tomé ten que dar explicacións aos veciños da Pobra do Brollón por 4 anos de aprazamentos nas obras da residencia”

Oa populares insisten en que a xestión que desenvolve o goberno provincial en relación coa súa rede de residencias da terceira idade ten moitos déficits.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Na reunión que vén de celebrar a xunta de goberno da Deputación aprobouse un acordo para rescindir o contrato coa empresa que debía construír a nova residencia da terceira idade da Pobra do Brollón.

Castiñeira, que visitou o terreo no que se prevé levantar a residencia, xunto co portavoz municipal do PP, Fernando Parada, e o presidente da xestora do partido, Teddy López Pedredo, lembra que no pleno máis recente da corporación provincial os populares mostraron a súa crítica aos retrasos que sofren algunhas residencias da rede da Deputación. Engade: “Dixemos que  a xestión de moitas das residencias non estaba sendo correcta, e unha delas é esta da Pobra, que xa levaba dúas licitacións e agora rescíndese  de novo o contrato coa construtora. Había que intentar facer algo para evitar problemas desta índole; nada se fixo e así se acumulan agora os retrasos e os prexudicados son os veciños”.

Os populares lamentan que no goberno da Deputación non fixeran caso dos seus avisos, “Os veciños da Pobra do Brollón están sendo enganados. No ano 2018 firmouse o convenio e catro anos despois vólvese a confirmar un  novo retraso. Hai un cartel de obras e houbo unha presentación das obras por parte da Deputación. O cartel xa queda invalidado e o que queremos é que o goberno dea explicacións aos veciños por tanto engano, por tanto retraso; aos veciños da Pobra do Brollón e a todos os da provincia”.

ÚLTIMAS

‘Metamorfose’, o novo sinxelo do artista ‘Peitoescuro’ camiño do seu primeiro álbum de estudio

O proxecto de Rubén Gutiérrez, coñecido artisticamente como 'Peitoescuro', segue avanzando. O pasado 18...

Traballo colectivo da Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next para a súa posta en funcionamento

Os encontros desenvólvense os venres pola tarde coa presenza dun máximo de 20 empresas,...

O BNG de Monforte leva a pleno un punto de información turística na Compañía

Explican os nacionalistas que o tramo da rúa Doutor Casares máis próximo ao centro...

Mario Obrero presenta o libro ‘Con e de curcuspín’ este 26 de maio na Pobra do Brollón

Con e de curcuspín é un ensaio no que a reflexión lingüístico-literaria mestúrase coa...