HomePolítica"Tomé é un presidente ausente que non fixo nin unha chamada", aseguran...

“Tomé é un presidente ausente que non fixo nin unha chamada”, aseguran os populares sobre as críticas do socialista en materia de incendios

O Partido Popular de Lugo cre que o presidente da Deputación e secretario xeral do PSOE lucense, José Tomé, non está en posición de criticar a acción política da Xunta en relación aos incendios acontecidos o pasado mes de xullo pois “foi e segue sendo un presidente ausente”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O socialista visitou as zonas máis afectadas polos incendios no Courel, onde fixo unhas declaracións criticando a política da Xunta nesta materia, calificando de “fracaso evidente” a xestión.

Non se entende que Tomé fale de “lealdade, rigor e coherencia”  ou que “mentres houbo incendios, a nosa prioridade foi estar cos veciños”. Segundo os populares a realidade dista moito destas declaracións. Desde o PP de Lugo instan ao secretario xeral do PSOE lucense que diga con que medios axudou, pois “nin fixo unha chamada de cortesía para ofrecer a súa axuda”.

Investigación da Fiscalía

En canto á decisión da Fiscalía de abrir dilixencias de investigación a raíz dunha denuncia presentada en agosto pola plataforma ‘Por un Monte galego con Futuro’, que acusa á Xunta de ser responsable por inacción do desastre ambiental causado pola vaga de lumes, a Xunta facilitou á Fiscalía toda a información solicitada.

Neste sentido, hai que aclarar que cando existe unha denuncia deste tipo sempre se abre unha investigación por parte do Ministerio Fiscal para comprobar o feito ou a responsabilidade dos partícipes no mesmo. A fiscal solicitou á Xunta un informe acerca dos operativos que interviñeron, cantos operativos, medios materiais e humanos que tomaron parte na extinción dos incendios.

Lembrar que Galicia despregou na época de alto risco todo o seu dispositivo composto de 7.000 efectivos, preto de 380 motobombas, tractores e ata 30 medios aéreos. O orzamento neste senso supera os 180 millóns de euros este ano, e inclúese ao arredor de 33 millóns de euros só en plan de prevención.

ÚLTIMAS

“Esta festa é tamén a proba de que o rural galego está vivo”, José Tomé Roca

Este domingo celebrábase a segunda xornada de exaltación gastronómica de tres produtos estrela no...

Máis de 70 persoas inscribíronse no XI Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

Do 1 de marzo ao 31 de maio, o Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira...

Xornada de Portas Abertas do ‘Xeocamping Montañas do Courel’

A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, participou...

40.000€ da Deputación para mellorar estradas municipais de Sarria e renovar o material de fisioterapia da residencia Nosa Señora do Carme

A Xunta de Goberno da Deputación aprobou este venres a aplicación dos remanentes obtidos...