HomeCulturaA Libraría Agrasar acolle este día 21 a presentación da última...

A Libraría Agrasar acolle este día 21 a presentación da última novela de Francisco Narla

A cita na Libraría Agrasar coa nova novela de Francisco Narla é este venres, 21 de outubro a partir das 20:00 horas. A entrada é libre e gratuita ata completar aforo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Libraría Agrasar en colaboración con Edhasa Editorial, organiza a presentación da nova novela de Francisco Narla titulada “Balvanera: A puta beata, o frade descreído, o indio collo e o hideputa honrado”.

Francisco Narla, nacido en Lugo en 1978, é escritor e aviador. Publicou poesía, relatos, ensaios técnicos e novelas. Colaborou con radio e televisión e é conferenciante habitual en foros universitarios. As súas novelas foron traducidas a varios idiomas e copou os primeiros postos das listas de vendas con títulos como Assur, Ronin e Onde aúllan os outeiros.

Tamén foi galardoado co I Premio Edhasa de Narrativas Históricas con “Laín, o Bastardo”. Ademais, é un habitual amigo da libraría e sempre presenta as súas obras a Monforte.


ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...