HomeMedio ambiente e PatrimonioCampaña de compostaxe doméstica na Pobra do Brollón

Campaña de compostaxe doméstica na Pobra do Brollón

O concello, pioneiro na compostaxe doméstica na provincia de Lugo, quere chegar a 40 vivendas con esta acción e o 25 de outubro poñerá un punto informativo na Praza da Peza, a carón do concello.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello da Pobra do Brollón, un dos pioneiros na compostaxe doméstica na provincia de Lugo, vai iniciar unha campaña para aumentar o número de veciñas/os que participen do proxecto.

No ano 2018 presentaron á veciñanza esta iniciativa para transformar residuos orgánicos e de xardinería en fertilizante, e fixérono baixo o lema “Menos residuos! Máis vida!”. Daquela, os veciños e veciñas recibiron un manual sobre compostaxe e os caldeiros para levar os residuos orgánicos que xeren aos depósitos correspondentes.

NOVA CAMPAÑA

Estes días, o Concello da Pobra do Brollon comezou unha nova campaña baixo o lema “Apúntate á compostaxe!” para promover a reciclaxe de residuos orgánicos en 40 vivendas e o vindeiro 25 de outubro poñerán un punto informativo na Praza da Peza, a carón do concello, entre as 11:00 e as 13:00 h.

Para aqueles que non poidan asisitir, o concello anímaos a contactar nas oficinas municipais de xeito presencial ou chamando por teléfono ao número 982 430001.

Para participar cómpre ter unha horta ou xardín onde poder colocar o composteiro e ter situadas a vivenda preferentemente en zona rural.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...