HomePolíticaCourel Vivo cre que o IBI é desproporcionado e pide bonificar a...

Courel Vivo cre que o IBI é desproporcionado e pide bonificar a escolarización no Courel

Ademais de solicitar a Catastro a redución dos valores catastrais, piden aumentar as bonificacións de ata o 95% ás familias que certifiquen que teñan fillos ou fillas escolarizadas no concello.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Folgoso do Courel leva anos sendo un dos Concellos no que máis sobrevaloradas están as Casas, polo que afecta directamente á cota anual que os veciñxs pagan polo no “Impuesto de Bienes Inmuebles, por ter aplicado un valor catastral moi por encima do valor real de mercado e moi por encima de moitos municipios cunha renda media per cápita moi superior. Por exemplo, pagamos o triplo de valor de urbana que en Triacastela (comparando dúas edificacións similares, nós temos un valor 31133€ e eles 10371€ ); pagamos o 20% máis que paga un veciño de Ribas de Sil, Samos ou o 30% máis que un de Pedrafita. O malestar da nosa veciñanza é mais que xustificado, cando estamos a pagar moito máis de contribución polas vivendas que concellos limítrofes.

A responsabilidade da baixada do IBI correspóndelle ás administracións, a Catastro (Facenda) e ó Concello, “sendo este último o que pode solicitar a revisión á baixa do citado valor catastral. O artículo 28.2 de la Ley de Catastro inmobiliario establece literalmente que: “El procedimiento de valoración colectiva de bienes inmuebles de una misma clase podrá iniciarse de oficio o a instancia del Ayuntamiento correspondiente cuando, respecto a una pluralidad de bienes inmuebles, se pongan de manifiesto diferencias sustanciales entre los valores de mercado y los que sirvieron de base para fa determinación de los valores catastrales vigentes, ya sea como consecuencia de una modificación en el planeamiento urbanístico o de otras circunstancias””

Bonificacións de ata o 95% ás familias para escolaración no concello

Sinalan que a Ley Reguladora de las Haciendas Locales do 5 de Marzo do 2004 recolle como posible Bonificación, no artigo 74, no punto 2:” Los ayuntamientos mediante ordenanza podrán regular una bonificación de hasta el 95 por ciento de la cuota íntegra del impuesto a favor de inmuebles en los que se desarrollen actividades económicas que sean declaradas de especial interés o utilidad municipal por concurrir circunstancias sociales…”.

Desde CV consideran que ese feito é de especial interese, “cantos máis nenos haxa escolarizados no Courel, máis vida no colexio, mellor para os negocios locais, transportistas, máis vida nas aldeas, etc”.

ÚLTIMAS

A Pobra do Brollón celebra o Día da Biblioteca con actividades o 23 e 24 de outubro

Andrea Nunes Brións, nada en 1984 en Marín, é activista, escritora e profesora de...

“Perdida no labirinto” de Violeta Bernardo amplía o proxecto de Soterradas en Tor

O vicepresidente da Deputación de Lugo, Efrén Castro, acompañado da xerente da Rede Museística...

Quiroga celebra este 25 de outubro o QuiMedo con 8 casas do terror

A cita do terror pechou o prazo de inscricións unha vez se acadaron os 1.200...

Arrinque exitoso de inscricións no Quiroga Trail Challenge 2026

O pasado 13 de outubro abríronse as inscricións para unha nova edición do Quiroga...