HomeMovementos sociaisAs Cavarcas: "queremos recuperar e preservar o patrimonio do Incio"

As Cavarcas: “queremos recuperar e preservar o patrimonio do Incio”

O Concello do Incio está cheo de bens materiais e inmateriais que segundo esta entidade cultural corren o risco de perderse. O seu obxectivo principal será evitar que iso pase. Falamos co seu presidente, José Moscoso.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Incio, como outras terras do interior de Galicia, teñen un abondoso patrimonio material e inmaterial que os identifica como pobo e que cómpre preservar e poñer en valor. Pero ademais teñen outro importante reto, recuperar poboación e dinamizar a vida social da contorna rural.

Tendo en conta este punto de partida, a principios deste 2022 nacía a Asociación Cultural As Cavarcas co obxectivo de “recuperar e preservar o noso, o que nos dá o carácter da Terra Brava que somos”, así se expresan no folleto informativo que teñen para dar a coñecer a entidade á veciñanza, e de dinamizar a vida social organizando actividades culturais e informativas de interese para a veciñanza.

“Recuperar e preservar o noso, o que nos dá o carácter da Terra Brava que somos”

Falamos co seu presidente, José Moscoso.

Que son As Cavarcas?

As cavarcas como termo, na nosa zona refírese a paredes que se facían nas sortes onde se sementaba (maiormente centeo). Estas paredes facíanse co fin de dividir ditas fincas e tamén era unha maneira de que cada vez que se traballaba a terra aproveitábanse as pedras que dela saian.

Conservase hoxe a toponimia nos lugares de varias parroquias noutrora dedicados a dito fin (riba das cavarcas, baixo as cavarcas, entre as cavarcas…).

Cando e con que obxectivos nace a asociación?

A Asociación Cultural As Cavarcas bota a andar na primavera do ano 2022 co fin de protexer e dar a coñecer o patrimonio cultural, natural e histórico  das diferentes zonas do Incio. Cremos que é necesario asociarse para programar actividades de recuperación e mantemento tanto do patrimonio material como inmaterial.

Falando de patrimonio, que opinades do traballo que está a facer o Concello do Incio para preservalo e poñelo en valor? 

Consideramos que non se está a facer todo que se debería para conservación e posta en valor do patrimonio natural: mantemento e aproveitamento de soutos, asesoramento veciñal… Limítanse máis ben a seguir as directrices da Xunta. E neste aspecto non parece que sexa suficiente. No que se refire ao patrimonio cultural e histórico temos moito que poñer en valor no noso concello (castros , mámoas, sendeiros de gran valor…). O traballo das institucións non é o axeitado baixo o noso punto de vista.

“No que se refire ao patrimonio cultural e histórico temos moito que poñer en valor no noso concello”

Cantos socios/socias forman parte xa das Cavarcas? 

Actualmente somos en torno a 30 soci@s. Esperando poder abrir a afiliación a todas aquelas persoas que desexen formar parte da asociación. Para elo temos fichas de afiliación a disposición. A cota anual fixada é de 12 euros por persoa ao ano para poder facer fronte aos gastos da asociación e axudar a programar diferentes actividades.

En que ámbito territorial ides actuar?

Basearemos a nosa actuación sobre todo neste concello.

Algunha actividade que fixerades e outras que teñades en axenda?

Dous cursos que organizamos en agosto e setembro tiveron moi boa acollida. Fixemos un de “Enxerto e mantemento de Castiñeiros”, e outro de “Poda de froitais”. Cubríronse todas as prazas e a xente quedou moi satisfeita.

A intención e organizar para este outono-inverno unha xornada de micoloxía . Decidiremos entre soci@s as actividades e campos de actuación de cara a 2023.

“A intención e organizar para este outono-inverno unha xornada de micoloxía”

Como animarías a que máis xente se achegue a coñecervos e se asocien?

Animamos a sumarse xente á asociación para ter a máxima forza e así poder na medida do posible dar visibilidade ao patrimonio que nos deixaron os nosos devanceiros e que non queremos que se perda. O noso correo electrónico de contacto é ascavarcas@gmail.com

Camiseta co logo da asociación

ÚLTIMAS

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...

O PP de Monforte leva a pleno solucionar as “deficiencias” do Polígono do Reboredo

Na moción que defenderán os concelleiros do Grupo Municipal Popular pídese ao goberno local...

Máis de 80 participantes nos obradoiros gratuítos de dixitalización impartidos nas parroquias de Monforte

A formación ofertada tiña por obxectivo capacitar en habilidades tecnolóxicas básicas á veciñanza do...

Juan Bouzo, o Caldelao que chega aos 104 anos

Juan Bouzo, un veciño de Castro Caldelas que alcanzou a idade de 104 anos,...