HomeEconomíaComeza o obradoiro de emprego Camiño de Santiago III de Sarria

Comeza o obradoiro de emprego Camiño de Santiago III de Sarria

A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade impulsa cunha achega de 504.000 euros a terceira edición do obradoiro de emprego Camiño de Santiago de Sarria, que terá unha duración dun ano.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, acompañado do alcalde, Claudio Garrido, -entre outras persoas – participou na presentación da actividade, dirixida a 20 persoas desempregadas que se formarán nas especialidades de Pavimentos e albanelería de urbanización e Instalación de elementos de carpintería.

Arias afirmou que os talleres “deixan unha pegada importante nos concellos nos que se desenvolven, xa que realizan obras e prestan servizos moi importantes a nivel local”. No caso de Sarria, as actuacións propostas nesta edición son a rehabilitación dos casetos do polbo, a pavimentación do tramo peonil contiguo e a reconstrución dos muros de cachotería da zona.

O delegado territorial destacou que este ano a Xunta aprobou todas as solicitudes presentadas por entidades locais lucenses para poñer en marcha un obradoiro de emprego. Nese sentido, apuntou que na provincia funcionarán ao longo dos vindeiros meses 21 novos talleres que suman 10,7 millóns de euros de investimento autonómico e benefician a 57 concellos, “polo que o 85% dos municipios lucenses terá este ano un obradoiro dual financiado polo Goberno galego”, salientou Arias.

Obradoiro Camiño de Santiago III / Delegación Territorial

ÚLTIMAS

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...

O PP de Monforte leva a pleno solucionar as “deficiencias” do Polígono do Reboredo

Na moción que defenderán os concelleiros do Grupo Municipal Popular pídese ao goberno local...

Máis de 80 participantes nos obradoiros gratuítos de dixitalización impartidos nas parroquias de Monforte

A formación ofertada tiña por obxectivo capacitar en habilidades tecnolóxicas básicas á veciñanza do...

Juan Bouzo, o Caldelao que chega aos 104 anos

Juan Bouzo, un veciño de Castro Caldelas que alcanzou a idade de 104 anos,...