HomesociedadeSober non falta á cita con Xantar para promocionar a súa gastronomía...

Sober non falta á cita con Xantar para promocionar a súa gastronomía e o seu turismo

O Concello de Sober continúa fiel á súa cita con Xantar, o Salón Internacional de Turismo Gastronómico que se celebra en Expourense do 9 ao 13 de novembro a súa 23ª edición.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A través dun stand propio, o Concello de Sober promocionará o seu máis emblemático produto froito da viticultura heroica, o viño de Amandi; pero tamén outros coma a rosca de Sober ou os seus atractivos turísticos “que son moitos”, segundo destaca o alcalde, Luis Fernández Guitián. Situado na Ribeira Sacra, Sober é un destino “único que merece a pena visitar”.

O 23º Salón Xantar é unha nova oportunidade para seguir dando a coñecer o seu patrimonio arquitectónico que conta con numerosas mostras do románico rural e o seu patrimonio natural marcado polo canón do Sil, que se pode ver dende os distintos miradoiros. Unha ruta cicloturista incluída no visor ‘A paisaxe de Galicia dende a bicicleta’ permite apreciar a súa singularidade.

No stand do Concello de Sober tamén haberá información sobre a olería de Gundivós e sobre a oferta de aloxamentos rurais e locais de hostalería e restauración.

Degustacións

O espazo de ‘Festas gastronómicas’ acollerá o mércores día 9, día dedicado ao Concello de Sober, e o sábado día 12 senllas degustacións de viños de Amandi da D.O. Ribeira Sacra con rosca de Sober e queixos das D.O. galegas. As degustacións están previstas entre as 13:30 e as 14:15 horas.

Sober en Xantar / concello de Sober

ÚLTIMAS

Pepo Suevos: “subirei ó escenario coa mente en branco e a ver onde me leva a comedia”

Monforte empeza o ano 2026 con comedia e faino o día 2 de xaneiro...

Os Polos de Emprendemento da provincia asesoran a 1.100 proxectos e crean 90 empresas

Esta iniciativa da Xunta de Galicia, despregada progresivamente desde xullo de 2022, ofrece asesoramento...

A MESA Lemos organiza unha actuación para público familiar coincidindo co Mercado de Nadal de Pantón

Este ano o concello que colabora é o de Pantón e a actividade realizarase...

Monforte entrega case 15.000€ repartidos en 55 axudas ao transporte do alumnado

A Xunta de Goberno Local aprobou esta semana a concesión de axudas que suman...