HomePolíticaO PP relaciona as sancións ás concesionarias cunha mala política de control...

O PP relaciona as sancións ás concesionarias cunha mala política de control dos desbroces nas estradas provinciais

"É máis fácil sancionar que comprobar puntualmente como se desenvolven os traballos contratados pola Administración", alegan os populares criticando ademais que o presidente da Deputación de Lugo non fixo o "labor de control que lle correspondía".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Segundo un comunicado de prensa remitido polos populares de Lugo, “a Deputación ten que aplicar sancións a empresas concesionarias do desbroce das estradas provinciais porque no seu momento a área da que é responsable o socialista José Tomé non efectuou controles eficaces”. Nese senso, o portavoz popular, Javier Castiñeira, sinala que “as múltiples sancións que se impuxeron as diferentes empresas adxudicatarias dos desbroces das estradas provinciais demostran unha vez máis o fracaso da área de Vías e Obras da Deputación, e concretamente da nula xestión do señor Tomé, que, aínda que non o saiba, é o delegado responsable destes traballos”.

Para Castiñeira a tempada de desbroces foi un “absoluto fracaso” e lembra que “o PP leva meses dicindo que non se están facendo os desbroces segundo os tempos programados; daquela os propios responsables da Deputación de Lugo apenas fixeron nada, chegou o final da tempada e vese que os traballos non  están feitos”.  

Na liña do anterior refiren deixamento no control destas accións, entendendo que non debe haber ninguén ao mando dun tema de especial interese para o rural, e falan de casos como O Vicedo, Viveiro, A Fonsagrada, Pantón, etc que non viron cumpridas as expectativas de roza nas estradas provinciais do seu territorio.

Castiñeira lanza tamén un reproche directo ao presidente da Deputación sinalando que “nos pobos do rural ven como o señor Tomé só pisa as estradas cando se lles fai un arranxo, pero non se dedica a pisar o terreo e ver se os traballos se fan en boas condicións, sen esperar ao final para sancionar”. Reproche que acompaña dunha suxestión para que busque algunha persoa na que delegar esta tarefa de control.

ÚLTIMAS

“Cando a propia persoa ou grupo afrontan con éxito a dificultade da súa problemática”, unha das satisfaccións dos Servizos Sociais de Pantón

Para comezar, como defenderiades o rol da educación social dentro do Concello de Pantón....

Caurel Vivo volve a propoñer destinar a vivenda pública o cuartel da Garda Civil de Seoane

Caurel Vivo asegura que o concello se enfronta a importantes retos demográficos, sociais e...

O PP de Monforte prepárase para “lograr un cambio de Goberno” nas elección xerais

Os afiliados do PP de Monforte de Lemos mantiveron esta semana unha reunión de...

Patricia Varela Fernández, nova responsable local do BNG do Saviñao

A nova voceira nacionalista é veciña de Vilaesteva e profesora de Lingua Galega de...