HomeMedio ambiente e PatrimonioConvertendo os ríos Miño e Sil en destinos náuticos fluviais sostibles

Convertendo os ríos Miño e Sil en destinos náuticos fluviais sostibles

O GDR Ribeira Sacra-Courel participa como socio no proxecto, Rede de Cruceiros Costeiros e Fluviais dos Destinos Náuticos Sostibles de España (Rede CCF), que pretende desenvolver cruceiros fluviais combinados con oferta de percorridos terrestres.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O proxecto da Rede de Cruceiros Costeiros e Fluviais dos Destinos Náuticos Sostibles de España (Rede CCF) implantarase en 10 comunidades autónomas: Galicia, Estremadura, Castela e León, Aragón, País Vasco, Cataluña, Andalucía, Canarias, Baleares e Ceuta, e será liderado pola Asociación Galega de Actividades Náuticas – AGAN+ que leva desde 2016 desenvolvendo o concepto de cruceiros costeiros grazas a varios proxectos europeos de cooperación transfronteiriza con Portugal (POCTEP) e Interreg Espazo Atlántico con Francia, Reino Unido, Irlanda e Portugal.

Este proxecto, que pretende impulsar un gran cambio na oferta de turismo cultural con base náutica de España, foi seleccionado entre máis de 237 presentados e sendo o de maior contía cun importe de 1.999.980,00 €. O proxecto, cunha duración de 14 meses ata o 31 de decembro de 2023, ten o obxectivo de: “Crear a Rede de Cruceiros Costeiros e Fluviais dos Destinos Náuticos Sostibles de España (Rede CCF). Unha plataforma que funcionará como interlocutor a nivel nacional para planificar o desenvolvemento dos destinos náuticos e unha oferta estandarizada de cruceiros costeiros e fluviais en España para poder competir con outros grandes destinos europeos”. Crearanse cruceiros fluviais nos principais ríos, encoros e mares interiores de España, coa peculiaridade de que é necesario combinar os percorridos fluviais con percorridos terrestres para salvar as dificultades que supoñen a orografía do terreo e a existencia de presas, e que permitirán dar a coñecer a oferta turística de cada territorio.

En Galicia un dos socios participantes é o GDR Ribeira Sacra Courel, que terá un orzamento de 109.145,00 €, para actuar nas áreas fluviais dos ríos Miño e Sil ao seu paso pola Ribeira Sacra. Preténdese realizar unha actuación colaborativa para converter os ríos Miño e Sil en destinos náuticos fluviais sostibles.

Desde o 16 ao 18 de novembro desenvolvésese o meeting de lanzamento do proxecto en Galicia A este meeting ten confirmada a súa asistencia integrantes das 16 entidades implicadas no proxecto que veñen a Galicia para comprender de primeira man o concepto desenvolvido de cruceiros costeiros. A axenda comprende no segundo e terceiro día Ribeira Sacra – O Courel, ademais de traballar na planificación do proxecto, debaterase sobre sustentabilidade e accesibilidade, dos destinos náuticos, e sobre as futuras liñas de actuación da Rede de Cruceiros Costeiros e Fluviais. O protocolo de creación da Rede CCF terá lugar o 18 de novembro na Ribeira Sacra, na adega Regina Viarum.

ÚLTIMAS

Xornada informativa sobre a regularización extraordinaria de persoas migrantes, este 22 de abril no Auditorio Municipal de Chantada

A actividade que se desenvolverá no Auditorio Municipal de Chantada está aberta ás persoas...

Este 20 de abril celébrase a imposición das Medallas do Concello de Monforte aos policías locais Eusebio Cuesta, a título póstumo, e Francisco Cao

A imposición de Medallas pon fin ao procedemento de Símbolos e Distincións recollido na...

Vicepresidencia recupera os restos da antiga torre do Pazo de Tor en Monforte

O proxecto pretende poñer en valor este elemento construtivo, contiguo ao muro de peche...

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...