HomeTerra de LemosMonforte"Sen Código Postal", da TVG, chega a Monforte

“Sen Código Postal”, da TVG, chega a Monforte

Rafa Aguiar, director de Radio Monforte, será o guía que leve ao presentador, Víctor Fábregas, a coñecer algunhas cousas sorprendentes, simpáticas e características do concello.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

“Sen Código Postal”, programa da Televisión de Galicia producido por Ézaro Films, chega este sábado 19 de novembro a Monforte –18:00 h.–, destino elixido por Víctor Fábregas, “ou o carteiro da Galega” para entregar unha nova carta en nome de Televisión de Galicia.

Coñecido xa polo seu papel de Liño, o empregado de Correos da serie “Era visto” de TVG, Fábregas convértese no Carteiro de Televisión de Galicia para dar a coñecer o máis sorprendente e descoñecido dos nosos municipios en “Sen Código Postal.

O Carteiro de Televisión de Galicia contará este sábado en Monforte cun cicerone de excepción, Rafa Aguiar, director da radio dixital local Radio Monforte e profundo coñecedor do municipio. Aguiar prestarase a desvelar algúns dos seus segredos máis importantes como, por exemplo, o Club de Autos Clásicos da Ribeira Sacra, os datos máis descoñecidos do Camiño de Inverno así como o famoso Centro do Viño.

O curioso carteiro con Rafa Aguiar no Centro do Viño. Foto: Ézaro Films.

Haberá unha sorpresa para o final que virá da man do antigo xefe da estación de Monforte, Germán López Quiroga, que contará aos telespectadores a importancia do ferrocarril na apertura de Galicia ao resto de España.

ÚLTIMAS

O Quiroga Trail Challenge ‘reinvéntase’

Despois dun agosto fatídico para parte das montañas do Concello de Quiroga por mor...

A Xunta resposta a Tomé sobre a acollida de migrantes no centro de Monforte: “Se demostrou ser solidario debería dar as grazas”

A conselleira de Política Social, Fabiola García, replicou ao alcalde de Monforte e presidente...

Monforte prepárase para o San Mateo

A mesa de seguridade para a celebración do San Mateo estableceu tamén a circulación...