Homesociedade"Darlle voz e visibilizar a violencia. Non facer como se nada pasara",...

“Darlle voz e visibilizar a violencia. Non facer como se nada pasara”, pide Monforte no 25N

O Concello de Monforte de Lemos conmemorou o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, dentro da campaña de sensibilización “Monforte, en Negro contra as Violencias”, organizada pola Concellería de Muller e Igualdade, a través do CIM.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Ás 12 do mediodía, a praza do Concello encheuse de cidadáns e estudantes dos diferentes centros educativos de Monforte, que acompañaron a gran parte da Corporación municipal, a Concelleira de Muller e Igualdade, Margarita López, a concelleira de Consumo, Regina López, e os Concelleiros de Obras, José Luís Losada, Deportes, José Manuel Mougán, Tecnoloxía e Innovación, Guillermo Díaz, o voceiro do BNG, Emilio Sánchez, e a voceira do PP, Katy Varela.

En primeiro lugar, procedeuse á lectura dun manifesto contra a violencia contra as mulleres a  cargo da Concelleira de Muller e Igualdade, Margarita López.

Tras ela, tivo lugar unha acción a cargo do alumnado de diferentes centros educativos da cidade, que consistiu en ler e depositar mensaxes de repulsa nunha urna, que posteriormente quedou colocada na entrada da casa consistorial durante todo o resto do mes de novembro para todas aquelas persoas que o desexen poidan deixar as mensaxes de repulsa contra a violencia de xénero. O acto na Praza do Concello concluíu coa celebración dun minuto de silencio por todas as vítimas de violencia machista.

Texto do Manifesto

Hoxe conmemoramos o Día Internacional da eliminación da violencia contra as mulleres e o lema que escollemos este ano no Concello de Monforte é “Con paso firme contra a violencia de xenero”, que é un chamamento á esperanza e á loita común.

Non é posible o cambio social sen a unión e o compromiso de todas e todos para acabar coa violencia machista. É importante dicilo ben alto, chamando ás cousas polo seu nome.

Normalmente, se pensamos neste tipo de violencia no imaxinario común, visualizámola ocorrendo na casa, onde se fai invisible para o resto e só a vive quen a sofre. Sen embargo estamos ante un problema social que se estende a todos os ámbitos da vida.

Porque a  violencia está na casa, está nas aulas, está na sociedade coas relacións tóxicas e os comentarios inadecuados, está no ámbito laboral, porque a violencia machista aliméntase das actitudes, das ameazas, do control da manipulación…

Por iso desde aquí hoxe, pedimos a colaboración de todas e todos. é importante apoiar, axudar, e acompañar ás vítimas, pero sobre todo, darlle voz e visibilizar a violencia. Non facer como se nada pasara, non naturalizar estes comportamentos, nin moito menos xustificalos.

Ogallá non existise este día e non tiveramos que estar aquí dicindo isto. Pero facémolo polas que de xa non están, por elas e polas que virán. Quédanos camiño por recorrer pero está nas nosas mans dar os pasos correctos para chegar a unha sociedade onde as mulleres poidan ser libres e o mundo un lugar mellor.

Nestes tempos de negacionismo, o compromiso de todas e todos ten que ser más firme que nunca e seguir traballando para erradicar esta lacra.

Hoxe, e todos os días, camiñemos cara esa nova sociedade. Hoxe, loitamos con paso firme contra a violencia machista. Non quero rematar sen  dar as grazas a todas e todos  os que nos acompañades, en especial aos centros escolares que están hoxe aquí, polo  esforzo que lle supón acercarse ata o Concello

ÚLTIMAS

“Abrazando o bo trato” no Pazo de Tor

Baixo o lema “Abrazando o bo trato” realizouse visita guiada polo museo reparando nas pezas...

O PP lucense esixe garantir a seguridade no tramo de vía Monforte-Ourense

Os deputados do PP lucense amosan "a súa preocupación ante os problemas detectados durante...

A Garda Civil investiga a un gandeiro de Chantada por suposto delito de malos tratos animais

Segundo informaron fontes da Comandancia, nunha inspección realizada por axentes da Garda Civil e...

20 persoas rematan formación no Obradoiro de Emprego de Monforte que pronto comezará unha nova edición

Os participantes no obradoiro levaron a cabo a rehabilitación e restauración das naves da...