HomesociedadeReunión da nova directiva do CCU co Alcalde de Monforte

Reunión da nova directiva do CCU co Alcalde de Monforte

O novo equipo directivo do Centro Comercial Urbano monfortino, encabezado pola nova presidenta, María Núñez, mantivo un encontro con José Tomé Roca.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Na xuntanza, que tivo lugar o pasado 9 de decembro, os representantes da actual directiva da asociación de comerciantes de Monforte trasladaron ao Alcalde diversas inquedanzas e proxectos en relación coa cidade de Monforte e coa Ribeira Sacra.

Tras a reunión, o Alcalde e a presidenta do CCU quedaron emprazados para seguir mantendo reunións en vindeiras datas para abordar xa proxectos máis concretos, de axuda e dinamización do comercio local. O Alcalde manifestou a súa vontade de colaborar e axudar en todo o que sexa posible para contribuir á mellora da cidade e da Ribeira Sacra.

ÚLTIMAS

O CCU de Monforte convoca eleccións para o 26 de novembro

O Centro Comercial Urbano (CCU) de Monforte convoca para o próximo 26 de novembro...

A Plataforma Pola Sanidade Pública do Saviñao concéntrase contra os recortes do Sergas

O centro de saúde de Escairón conta nestes momentos cunha médica fixa de xeito...

Monforte adxudica as obras de mellora dos accesos ao núcleo de Souto, en Guntín

A Xunta de Goberno Local deu luz verde ao proxecto técnico e a adxudicación...

Ribeira Sacra e Mariña, os destinos máis demandados no programa ‘Coñece a túa provincia’

O programa Coñece a túa provincia, que impulsou a Deputación de Lugo hai seis...