HomeCulturaDálle espazo á biblioteca na túa vida

Dálle espazo á biblioteca na túa vida

O Colectivo Lemos Le organiza o día 21 un xantar de confraternidade para conmemorar o Día da Biblioteca, que se celebra o 24 de outubro.

Publicado o

- Advertisement -

Para a celebración do Día da Biblioteca o Colectivo Lemos Le prepara un xantar de confraternidade para todos os sectores e persoas vencelladas á cultura, á lectura e á educación. É o sexto ano que se organiza unha xornada destas características coa que se pretende reivindicar a importancia do papel das Bibliotecas como difusoras de cultura, formadoras de lectores, lugar de encontro e centros de información e recursos.

O xantar celebrarase o día 21 de outubro no Restaurante Arume de Rubián – Bóveda a partir das 14.00 horas. As entradas para asistir poden recollerse nas Bibliotecas Públicas Municipais da Pobra do Brollón, Bóveda, Saviñao, Sober; nas bibliotecas escolares do colectivo, no IES Daviña Rey ou no propio restaurante ata o día 18 de outubro a un prezo de 20€. A cita aproveitarase para entregar os premios do V Certame de Divulgación Mulleres de Lemos: Genoveva González Prieto. Unha muller para o 8 de marzo e presentarase a sexta edición do Certame.

Este ano contarase coa colaboración da autora do Saviñao, Alicia Fernández. En anteriores edicións, teñen participado  outros autores da comarca como Olga Novo, Manuel Veiga, Lois Diéguez, Ramón Sandoval ou Xabier Quiroga.

ÚLTIMAS

Monforte destina 47.500€ para unha nova pista polideportiva no barrio das Cruces

A nova pista terá unhas dimensións de 30 metros de lonxitude por 18 metros...

Chantada amplía a superficie do Punto Limpo

A Xunta e o Concello de Chantada colaboran para levar a cabo as obras...

O ensino centra as demandas de Esperta Monforte no pleno deste luns

Monforte de Lemos é a cabeceira dunha comarca cunha rede educativa ampla, que abrangue...

“Cando a propia persoa ou grupo afrontan con éxito a dificultade da súa problemática”, unha das satisfaccións dos Servizos Sociais de Pantón

Para comezar, como defenderiades o rol da educación social dentro do Concello de Pantón....