HomesociedadeO colexio Torre de Lemos elixe votar aos 16 anos

O colexio Torre de Lemos elixe votar aos 16 anos

O colexio Torre de Lemos foi escenario este venres dun coloquio entre ex-deputados do parlamento galego e os alumnos da ESO e de 5º e 6º de Educación Primaria.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este acto enmárcase dentro das actividades que cada ano o centro que dirixe, Esther Rodríguez Camino, leva a cabo con motivo da onomástica da Constitución e do Estatuto de Autonomía. Participaron María Xosé Vega Buján, Paula Verao e José Antonio García, ex-deputados do BNG, En Marea e Partido Popular.

Interesante charla, na que incluso os alumnos fixeron propostas e votaron. Un dos temas que se debatiu foi cando se debería votar. Houbo tres propostas: aos 16 anos, aos 18 ou aos 21. Por maioría gañou a dos 16.

Alumando e exparlamentarios trataron temas de actualidade como a renovación do Consello do Poder Xudicial, a crispación no mundo da política, a importancia do parlamento, a necesidade de contar cun consenso na lei educativa, os impostos. A instancias de Paula Verao tamén se valorou a posibilidade de que en Galicia existise un parlamento infantil.

Charla parlamentarios Torre de Lemos / XdL

ÚLTIMAS

Alberto Fidalgo acada outro 3º posto en Marcha Nórdica

O taboadés Alberto Fidalgo volve ser noticia tras alcanzar o terceiro posto no podio...

O 8M en Ribas de Sil achegouse á infancia e homenaxeu á decana do concello

A programación do 8M no concello de Ribas de Sil comezou o 6 de...

Rizoma Lemos preséntase este 11 de marzo cun espazo coworking no centro de Monforte

A Asociación Cultural Rizoma Lemos celebra este mércores 11 de marzo, a partir das...

Establécese o dispositivo de seguridade para a Mostra do Aceite e a Feira do Viño de Quiroga

A subdelegada do Goberno en Lugo presidiu esta mañá a Xunta Local de Seguridade...