HomesociedadeSábado de "Petiscos de Nadal" en Taboada

Sábado de “Petiscos de Nadal” en Taboada

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, participou este sábado na apertura do mercado Petiscos de Nadal, que se celebra na Praza de Riazón de Taboada.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Arias felicitou á Asociación de comerciantes e industriais do municipio e ao concello pola iniciativa que comezaba a celebrarse o ano pasado polo Nadal. Durante toda a xornada contouse con máis dunha quincena de postos de venda con produtos da Ribeira Sacra e actuacións culturais como a firma de libros da poeta labrega, Ana Vila Portomeñe, ou espetáculos de artesanía e maxia

O punto e final á xornada do sábado poñíase co concerto ás 19.00h de Xabier Díaz e as Adufeiras de salitre, actividade que contaba co patrocinio da Xunta e que achegou ata este mercado de nadal a numeroso público.

Ademais, desde o venres e ata este domingo ás 23.00 celébrase o concurso de tapas de Nadal entre os establecementos de hostalería de Taboada.

ÚLTIMAS

O Concello de Bóveda entrega os Premios do III Concurso de Poesía

O premio da categoría de adultos recaeu eu Adrián Casanova, de Monforte, mentres que...

Este 30 de decembro o Faladoiro de Quiroga cunha veciña de Ucraína

Mariia foise adaptando aos costumes, ao clima e á lingua. Traballou como coidadora e...

Dous anos de Comunidades de Emprego e Emprendemento Rural Sostible nas comarcas de Lemos, Chantada e Deza

Comunidades de Emprego e Emprendemento Rural Sostible Galicia atende en orientación laboral a persoas...

O sector do Porco Celta ante a ameaza da peste porcina africana

A peste porcina africana (PPA), sen ter chegado aínda a moitos territorios, está a...