HomesociedadeDe Quiroga á fin do mundo

De Quiroga á fin do mundo

Dous colectivos asociativos de Quiroga farán unha visita cultural para coñecer a Costa da Morte.

Publicado o

- Advertisement -

Dúas asociacións de Quiroga teñen programado para o vindeiro 21 de outubro unha viaxe a Fisterra.

A Asociación San Bartolomé do Hospital e a Asociación Socio-Cultural de Quiroga queren que os seus integrantes e veciños coñezan as vilas de Fisterra, Corcubión e a Fervenza do Ézaro.

Os interesados teñen de prazo para anotarse ata o vindeiro día 18 na Librería Celia, no Mesón Ferreiriño ou chamando ao teléfono 605.50.06.70 (Alejandro). A viaxe terá un custo de 35 euros para os socios de calquera das dúas asociaciós e 55 euros para o resto do público e no prezo, ademais do desprazamento, vai inclúido o xantar no restaurante Anduriña de Fisterra.

 

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...