HomeEconomíaBóveda inicia as obras do seu Viveiro de Empresas

Bóveda inicia as obras do seu Viveiro de Empresas

O alcalde, José Manuel Arias, explica que con esta actuación “se busca fixar poboación no rural, pero tamén fomentar e xerar novas oportunidades de negocio que axuden a dinamizar o entorno rural ao que pertence o Concello”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Bóveda inicia as obras para a creación dunha nave para viveiro industrial de empresas  no parque empresarial da localidade, na zona de Casas Novas. A actuación, que supón un investimento de 450.000 euros, está financiada ao 80% pola Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, e o 20% restante será cuberto con fondos propios do Concello de Bóveda.

Cada vez mais, pequenos empresarios e autónomos demandan espazos non moi amplos, pero si con tódolos servizos que a tecnoloxía proporciona hoxe, e de dispoñibilidade case inmediata, a fin de poder formarse ofrecer os seus servizos á sociedade. Isto resulta complexo cando queren instalarse en pequenos locais comerciais clásicos pola cantidade e dificultade de acondicionamento dos mesmos.

O alcalde destaca, “a posición do Parque Empresarial con respecto da vía de altas prestacións Nadela-Monforte e os seus nós de enlace, que converten a este Parque nun polo de intercambio de mercadorías entre os diferentes operadores de transporte e de transporte lixeiro da comarca.”

Viveiro de empresa obras / Concello de Bóveda

O proxecto propón crear un espazo de formación teórico e práctico e de traballo compartido onde os diferentes actores de diversas profesións poidan desenvolver a súa actividade, optimizando recursos, dar a coñecer un negocio e crear sinerxías con outros profesionais.

O viveiro industrial ofrecerá espazos de traballo (despachos) con banda ancha en redes, sala de reunións, sala de conferencias, sala de reprografía, así como espazos formación individualizada ou conxunta, e tamén formación práctica, así como de intercambio de ideas.

O viveiro estará na súa totalidade en planta baixa. A entrada peonil efectuarase na parte máis ancha da nave. A esta planta tamén se poderá acceder en horizontal ao taller con vehículos. A zona de prácticas terá acceso pola mesma porta que os peóns dende o corredor que da acceso aos despachos, e tamén polas portas de acceso de material con vehículos.

ÚLTIMAS

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...

O PP de Monforte leva a pleno solucionar as “deficiencias” do Polígono do Reboredo

Na moción que defenderán os concelleiros do Grupo Municipal Popular pídese ao goberno local...

Máis de 80 participantes nos obradoiros gratuítos de dixitalización impartidos nas parroquias de Monforte

A formación ofertada tiña por obxectivo capacitar en habilidades tecnolóxicas básicas á veciñanza do...

Juan Bouzo, o Caldelao que chega aos 104 anos

Juan Bouzo, un veciño de Castro Caldelas que alcanzou a idade de 104 anos,...