HomesociedadeO Concello de Sarria analiza irregularidades no uso das cámaras de vixilancia...

O Concello de Sarria analiza irregularidades no uso das cámaras de vixilancia da Residencia de Maiores

O goberno local de Sarria está a analizar desde hai días un “posible uso irregular” das cámaras de vixilancia da Residencia de Maiores Nosa Señora do Carme durante a etapa na que o concelleiro Benjamín Escontrela era o máximo responsable da xestión do organismo autónomo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Tras asumir a responsabilidade da xestión da residencia a raíz do cese de Escontrela como concelleiro de Benestar Social, o edil Félix Seijas descubriu recentemente que “polo menos unha persoa sen a autorización necesaria seguía a acceder ás imaxes en tempo real a través dunha aplicación, non se sabe moi ben con que finalidade”.

Seijas considera que “hai moitos interrogantes sobre a utilización que se estaba a facer das cámaras de vixilancia e a ausencia de control sobre ese contido”, algo que na súa opinión “podería supoñer unha vulneración flagrante do dereito de privacidade tanto dos usuarios como das traballadoras”. Por este motivo, ten previsto solicitar un informe á empresa que instalou e mantiña activo o sistema de videovixilancia, “e que sorprendentemente non ten na actualidade ningún vínculo contratual coa residencia”, e non se descarta dar traslado á Axencia Española de Protección de Datos (AEPD) “por se puidese ser constitutivo dalgunha infracción ou delicto”.

“Resulta sorprendente que un sistema de vixilancia que no seu día supostamente foi instalado para controlar o acceso á residencia desde o exterior, fora incorporando novas cámaras que, pola información da que dispoñemos, non chegaron a contar coa autorización correspondente, nin tampouco está claro como se xestionaban as imaxes gravadas e quen tiña acceso a elas e con que obxectivos”, apunta Félix Seijas. O goberno local asegura querer esclarecer estes feitos do pasado e marcar un punto aparte en canto ao novo modelo xestión.

O luns 16 de xaneiro ás 13.00 horas quedou convocada unha reunión da Xunta Rectora do organismo autónomo para avaliar as medidas a adoptar en relación coa contratación dun detective por parte de Benjamín Escontrela para investigar a varias traballadoras da residencia, que están convidadas
a asistir á reunión. Seijas precisou que ata o momento non se aportou ningunha documentación acreditativa da realización dese encargo, mentres que o detective da empresa contratada, InvestigaMás, remitiu ao concello un escrito informando de que a súa obriga era entregarlle ditos informes a quen o contratou ou “mediante requerimento xudicial ou solicitude policial”, e que por lei só estaba obrigado a conservar ditos informes durante un prazo de tres anos

ÚLTIMAS

Monforte mellorará o punto limpo e os contedores cun investimento de máis de 41.000€

O Punto Limpo do Concello de Monforte construíuse no ano 2000 e desde ese...

A segunda fase da mellora da LU-651 entre Folgoso e Seoane, un dos principais investimentos da Xunta no 2026, aseguran os populares

A deputada do Grupo Popular no Parlamento de Galicia visitaba o municipio xunto á...

Xanela colabora nun módulo de FP do I.E.S. Val do Asma de Chantada

O pasado 29 de outubro o director de Xanela, Iñaki Castiñeira, foi de visita...

A asociación ‘Chantada contra o cancro’ anima a inscribirse na súa andaina solidaria

Conta atrás para a andaina solidaria que organiza dende hai 5 anos a 'Asociación...