Homesociedade322.000€ para a Unidade de Atención Temperá de Quiroga

322.000€ para a Unidade de Atención Temperá de Quiroga

A Unidade de Atención Temperá, que agrupa aos concellos de Quiroga, Folgoso do Courel, Ribas de Sil, Bóveda, Sober, O Saviñao, Pantón e Pobra do Brollón, ven de recibir unha subvención de 322.440 €. É a Consellería de Política Social, quen concede esta axuda económica a través da Dirección Xeral de Discapacidade cofinanciada con fondos europeos. Esta axuda é bienal para os anos 2023/2024.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Centro de Atención Temperá púxose en marcha en setembro do 2020. Na actualidade conta con 81 expedientes abertos de nenos entre 3 e 6 anos de idade. O servizo conta cun equipo multidisciplinar que ofrece os servizos de: Logopedia, Psicoloxía, Fisioterapia e Terapia ocupacional.   

Centralizado en Quiroga, conta cunha delegación no concello do Saviñao, para facilitar a atención dos menores reducindo o desprazamento dos usuarios desta zona e incluso os profesionais desprázanse a outros concellos como no caso de Folgoso do Courel.     

A atención na Unidade de Atención Temperá, – ao que poden acudir os nenos sen que teñan problemas definidos, se non para axudarlles a un desenvolvemento evolutivo adecuado-,  é principalmente a través do servizo de pediatría, que fai o diagnóstico previo, en función do cal derivará a familia á unidade de atención máis axeitada. Tamén os centros educativos ou as propias familias poden poñerse directamente en contacto con este servizo a través do teléfono 982.43.51.76 para que os informen de cal é o proceso a seguir

ÚLTIMAS

O Quixós non falta á súa cita co descenso do Cabe en Aninovo

O Club Quixós instaurou dende hai uns anos a tradición de comezar o ano...

3000 prazas para o Coñece a túa provincia que abre prazo do 12 ao 16 de xaneiro

Nesta edición, o programa ofrecerá 3.036 prazas e contará cun orzamento de máis de...

Pepo Suevos: “subirei ó escenario coa mente en branco e a ver onde me leva a comedia”

Monforte empeza o ano 2026 con comedia e faino o día 2 de xaneiro...