HomeCulturaO Esmorga Fest de Sarria garante a súa celebración coa colaboración da...

O Esmorga Fest de Sarria garante a súa celebración coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo garante a celebración do Esmorga Fest en 2023. Efrén Castro e Maite Ferreiro mantiveron este mércores unha xuntanza cos organizadores do festival sarriao, na que se comprometeu o apoio económico da área de Cultura a unha nova edición do evento.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A organización do Festival tiña anunciado que abandonaba a proxecto pola falta de apoios para continuar, daquela desde o concello de Sarria comunicaba que tentarían aumentar a colaboración e esta semana faino a Vicepresidencia da Deputación.

Efrén Castro explicou que “o Esmorga Fest converteuse nestes anos nun festival de referencia na música independente, con público de toda Galiza e do resto do Estado e un recoñecemento unánime da prensa especializada. A súa traxectoria é un activo cultural que temos que aproveitar, especialmente, nunha vila coma Sarria, á marxe dos circuítos da industria musical. Na xuntanza desta mañá ofrecemos aos organizadores o apoio económico necesario para facer viable unha nova edición, e darlle continuidade a un festival que conta ademais cunha gran implicación e apoio da veciñanza e do tecido asociativo e empresarial de Sarria”.

Garántese así unha nova edición do festival, que se vén celebrando desde 2015 – coa excepción do 2020, ano de explosión da pandemia, e un formato reducido en 2021- con carteis que mesturan bandas recoñecidas e grupos emerxentes da música independente.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...