HomeCulturaO Esmorga Fest de Sarria anuncia o seu fin e o concello...

O Esmorga Fest de Sarria anuncia o seu fin e o concello amosa o seu apoio para continuar

O 17 de xaneiro a organización do Esmorga Fest anunciaba en redes sociais que abandonaba o proxecto despois de 8 anos por falta de apoio económico para continuar.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Ante o anuncio de cancelación deste acto, a concelleira de Cultura, Reyes Abella, lamenta a decisión dos promotores do Esmorga Fest de renunciar á organización do festival e destaca o apoio e colaboración brindado polo goberno local nas últimas edicións “na medida das posibilidades orzamentarias da Concellería de Cultura”

Reyes Abella destaca que o Esmorga Fest lograra posicionarse como “un festival de referencia a nivel nacional no eido da música independente”, e cuestiona “a escasa colaboración das administracións autonómica e provincial para posibilitar a súa continuidade, unha non cumprindo cos compromisos adquiridos e outra acumulando retrasos nos pagamentos”.

Asegura que desde o seu departamento “sempre se valorou a importancia do Esmorga Fest para Sarria e trasladámoslle aos organizadores a nosa predisposición a incrementar algo a aportación económica do concello, pero sempre dentro dunha lóxica, xa que sería inasumible esgotar nun só evento gran parte do orzamento anual para a organización das actividades culturais”, argumenta a edil. “Ogallá esta decisión sexa simplemente unha paréntese e non un punto final na historia do Esmorga Fest”, conclúe.

ÚLTIMAS

O ‘Bóveda Slam Poetry’ muda de nome e de localización

A entidade cultural Kulturnavila, promotora do "Bóveda Slam Poetry", comunica un cambio de localidade...

Tomé celebra que Monforte leva 12 anos consecutivos sen subir taxas e impostos municipais

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, anunciou este venres, que por duodécimo ano...

Máis de 200 deportistas no III Ciclocros Concello de Taboada que se celebra este 25 de outubro

A proba, organizada polo CC Chantadino coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo,...

Sober abre este 24 de outubro o ciclo Música no Outono con Hava Dúo

O dúo de trombón e acordeón ofrece unha viaxe sonora por distintas épocas e...