HomePolíticaVendendo o mundo rural a prezo de saldo, segundo IGV

Vendendo o mundo rural a prezo de saldo, segundo IGV

As agrupacións de Interior Galego Vivo sinalan que tanto a Xunta canto o Goberno central están favorecendo a especulación e o acaparamento de terras de diferentes modos, "por medio da ofensiva especulativa de fondos de investimento que impulsan parques eólicos, parques fotovoltaicos e sumidoiro de carbono."

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Segundo Interior Galego Vivo, nas últimas semanas publicáronse no DOG ducias de declaracións de impacto ambiental favorables, “o que suporá instalar 77 parques eólicos novos no territorio e sen ter contestado a Xunta as alegacións de Interior Galego Vivo, por exemplo aos parques eólicos Paradela, Vacaloura ou Maxal. Estes 77 parques suporán 2000 megavatios, mais en nada vai repercutir sobre as comunidades locais.”

IGV asegura que a Xunta leva anos lexislando á medida dos fondos de investimento e do oligopolio enerxético deixando de lado os direitos das comunidades rurais, o benestar animal e o sector primario e a protección do patrimonio natural e cultural, “As estratexias de greenwashing malamente desimulan a desposesión das comunidades rurais e o espolio dos nosos recursos que benefician os grandes centros urbanos e ao capital estranxeiro mentres continúa a demotanasia e o baleirado da nosa Terra”, denuncian.

Por outra banda, IGV lamenta igualmente que nengunha deputada ou deputado galego votase en contra do Real Decreto Lei 20/2022 de 27 de decembro de medidas de resposta ás consecuencias económicas e sociais da Guerra de Ucraína e de apoio á reconstrución da illa de La Palma e a outras situacións de vulnerabilidade. Segundo IGV este Real Decreto “apenas exclúe as zonas da Rede Natura 2000 deixando exposto 85% do territorio galego a ser reclasificado de solo rústico a polígonos industriais para a especulación”.

Consideran que o PP na Xunta e o PSOE no Goberno central incumpren o recente regulamento europeo, “xa que non hai zonas específicas previas nin avaliación ambiental estratéxica e sáltanse tamén a fase de información da avaliación ambiental. Estes partidos renuncian á defensa do ben común e dos intereses colectivos e non ordenan o territorio nen protexen a paisaxe, entregando o mundo rural á especulación e a que nos atraveses grandes centrais e liñas de alta tensión nunha burbulla de renovábeis con especial incidencia no interior galego.”

“Tanto o Goberno central canto a Xunta incumpren a transferencia de beneficios ás comunidades locais que Europa sinala imprescindíbel para unha transición enerxética xusta e afondan na configuración do interior galego como territorio de sacrificio para o enriquecemento do mundo urbano. Asistimos a un roubo planificado ás comunidades rurais, xa que deberían ser beneficiarias de todos estes proxectos cun canon merecente desde nome”, conclúen.

ÚLTIMAS

Como limpar os montes e evitar lumes ao carón das casas?

A Xunta ofrece plantas específicas nestas franxas secundarias para evitar incendios. Os propietarios teñen...

Cantos de Taberna no Saviñao

O Concello do Saviñao organiza unha nova edición de Cantos de Taberna para ambientar...

Aberta a inscrición nas XXIII Xornadas Pedagóxicas que organiza a Rede Museística en Tor e San Paio de Narla

A deputada de Cultura, Iria Castro, e a xerente da Rede Museística Provincial de...