InicioDeportesTodo listo para o comezo da IX Edición da QTC

Todo listo para o comezo da IX Edición da QTC

1.200 participantes e multitude de acompañantes ocupan esta fin de semana todas as prazas de aloxamento posibles en toda a comarca de Quiroga e a súa contorna.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Organización e persoal voluntario están xa metidos de cabeza na QTC, Quiroga Trail Challenge, proba que este ano chega á súa novena edición. Este venres 3 de febreiro arrinca o evento coa entrega de dorsais e unha charla técnica a cargo do seu director de carreira,  Blas Rodríguez, e parte do seu equipo.

Unha edición que conta con sorpresas ata o final. Aos cambios de percorrido para evitar zonas queimadas polos lumes do verán pasado engádenselle outros cambios que houbo que deseñar para salvar esborrallamentos que ocasionaron as choivas e as enchentes dos ríos estas pasadas semanas.

“Buscamos sempre, ante todo, a seguridade de corredores e voluntarios. É a nosa máxima prioridade”, apunta a organización que traballa contra reloxo para que todo estea a punto.

Mañá, sábado 4 de febreiro, terán lugar catro carreiras de diferentes distancias (ultra, maratón, trail e minitrail) e a andaina “Coureleando”. Todas elas contan con importante representación de deportistas moi destacados no mundo do trail, e non só de Galicia senon tamén de toda a Península.

 Como “favoritos” da distancia ultra estarán Fernando Arca e José Manuel Gil (gañadores do ultra e circuíto ultra, respectivamente), ademais do cántabro Fidel Fernández. En mulleres, a vasca Silvia Trigueros (tres veces gañadora do Tor de Geants) e a madrileña Carla Junquera.

Na maratón disputarán os primeiros postos o cántabro Sergio Besoy e a mallorquina Angels LLobera, ademaos de destacados representantes do trail galego e doutras comunidades.

O domingo, día 5, tocará territorio Lor co trail e o minitrail; probas e percorridos que tampouco defraudarán.

A predicción meteorolóxica avanza unha fin de semana de sol e temperaturas baixas, sobre todo a primeiras e últimas horas do día. Daquela, a recomendación é protexerse con roupa de abrigo, revisar o material obrigatorio, acudir en tempo, subir pulsacións e gozar a tope da xa bautizada como “Festa do Trail Galego”.

Corredora cun marco natural espectacular. Foto: Ivancho López.

ÚLTIMAS

Feira e poxa de Gando en Seoane do Courel

O sábado 4 de maio celebrouse un novo encontro gandeiro como os de antes...

O Consorcio de Turismo Ribeira Sacra aproba orzamento para 2024

O orzamento do Consorcio de Turismo Ribeira Sacra para a anualidade 2024 quedou aprobado...

Éxito de organización e participación no Campionato de España de Taekwondo en Monforte

Este Campionato de España de Taekwondo celebrado en Monforte reuniu a 373 taekwondistas procedentes...

230.000 euros para mellorar dúas estradas que pasan por Paradela, Baralla e Láncara

A Voceira socialista da Deputación de Lugo, Pilar García Porto, concretou que o Executivo acordou...