HomeCultura“Esencial”, do pintor valdeorrés Jesús Díaz Ferrer ata o 27 de febreiro...

“Esencial”, do pintor valdeorrés Jesús Díaz Ferrer ata o 27 de febreiro na casa da cultura de Monforte

A mostra organizada polo historiador Luis Enrique Rodríguez, Coquixo, e polo Concello do Barco, xurdiu como acto conmemorativo no centenario do nacemento do pintor e durante os próximos días permanecerá na cidade de Monforte para amosar as creacións de Díaz Ferrer a todos os visitantes que asistan á casa da cultura.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Díaz Ferrer considerado como un artista esencial na creación pictórica do S.XX, necesita aínda ser reivindicado pola súa importancia dentro das correntes europeas e galegas desa época, xa que non deixou de ser un pintor de culto, a pesar de que as súas obras compartiron espazo xunto ás de Matisse e Picasso e foron comercializadas nas casas de subastas máis prestixiosas de España.

O proxecto intenta amosar ó publico o “esencial” da obra deste artista, e tal e como afirma Luis Enríque Rodríguez «coa exposición preténdese dar a coñecer de onde sae a súa pulsión creativa e como era Díaz Ferrer como creador», engade o comisario da mostra que, por tanto, non é unha exposición temática, senón, explicativa de Díaz Ferrer”.

Nesa búsqueda da esencia, Coquixo decidiu prescindir da cor tan característica da obra do artista. Por iso recuperou bocetos, gravados e debuxos en branco e negro dos que Díaz nunca se desprendeu e que garda como un tesouro a súa viúva, Micheline Langlois, con eles pódese apreciar e comprender o seu proceso creativo.

Pero tampouco é todo en branco e negro, porque Ferrer foi un pintor colorista. Así que ese apartado ten o seu propio espazo a través de oito cadros que recollen os bocetos para telas que Ferrer deseñou no ano 1958 para a empresa de tecidos na que traballaba na cidade suíza de Zúrich. «Supón un bo mostrario do seu traballo para comprobar ata onde podía chegar como colorista», defende Coquixo. Caso atípico e xenuíno dentro da arte galega contemporánea.

.

ÚLTIMAS

Caurel Vivo volve a propoñer destinar a vivenda pública o cuartel da Garda Civil de Seoane

Caurel Vivo asegura que o concello se enfronta a importantes retos demográficos, sociais e...

O PP de Monforte prepárase para “lograr un cambio de Goberno” nas elección xerais

Os afiliados do PP de Monforte de Lemos mantiveron esta semana unha reunión de...

Patricia Varela Fernández, nova responsable local do BNG do Saviñao

A nova voceira nacionalista é veciña de Vilaesteva e profesora de Lingua Galega de...

Monforte convoca axudas para deportistas invidivuais federados

O Boletín Oficial da Provincia de Lugo publicou este pasado martes, 20 de outubro,...