HomesociedadeRoberto Lolo, de Got Talent ao Courel

Roberto Lolo, de Got Talent ao Courel

O mago sarriao, que deu a coñecer hai uns días un vídeo do seu paso polo coñecido programa televisivo, actuará o domingo 19 no Concello de Folgoso do Courel.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Roberto Lolo é un coñecido mago que vive en Sarria, aínda que por traballo móvese por todo o territorio galego e nacional. Cunha boa técnica e un amplo repertorio de números destaca tamén polo seu sentido do humor, un humor branco con inxenio que chega a todos os públicos.

Estes días deu moito que falar polo seu paso polo programa ‘Got Talent’, feito que nos levou a contactar con el para que nos contara como chegou a gravar unha actuación para este talent show. “A idea de ir saíu vendo o programa cos meus pais. Dixéronme que lles facía ilusión que fora e cando os teus pais che din iso… algo se activa en min para ir”, comenta.

O seguinte foi contactar co programa caladamente e ir pasando ata dous castings. Despois chamárono para gravar unha actuación e quedou inmortalizado nun ‘video inédito’ que o propio programa difundiu polas redes sociais. Lolo di estar moi contento coa experiencia e moi agradecido con toda a xente que traballa no programa porque o trato foi “incríble”. Houbo xente que despois de ver o vídeo preguntoulle incluso por Risto, por saber se era tan borde como parecía, e Lolo di rindo que non, que con el portouse moi ben.

O caso é que o propio protagonista difudiu nas súas redes o vídeo e en pouco tempo fíxose viral, recibindo moitas mensaxes e felicitacións. E claro, cando llo ensinou aos seus pais levaron unha gran sorpresa. “A mirada dos meus pais brillaba máis que un botón de ouro”, dinos Roberto Lolo.

ACTUACIÓN NO COUREL

Aproveitando estas datas de Entroido, Roberto Lolo actuará o vindeiro domingo 19 de febreiro no Concello de Folgoso do Courel.

O espectáculo de maxia será no Salón de Actos do concello, empezará ás 17:00 h. e leva por título “Mira el Coyote”. Un Show onde se mestura maxia, humor, interacción co público, ademais de moitísimas improvisacións de Roberto Lolo que xorden espontáneamente durante os 60 minutos que dura.

Maxia participativa e para todos os públicos para celebrar o Entroido nas terras do Courel.

ÚLTIMAS

Máis de 1.000 inscritos na XVI Carreira Popular do Concello de Monforte que pecha inscricións o día 21

A XVI Carreira Popular do Concello de Monforte, que se celebrará o domingo 26...

A Conselleira de Medio Rural avalía en Pantón e Folgoso do Courel iniciativas para a prevención de incendios e o desenvolvemento rural

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo delegado territorial da...

O PP advirte que “o Goberno de Sánchez non compromete unha data para o remate da rehabilitación da N-540”

Os deputados do PP no Congreso por Lugo e Ourense consideran preocupante que “o...

Xornada de formación ambiental e pesca responsable en Monforte

A cidade de Monforte acolleu unha interesante xornada formativa sobre medioambiente e pesca responsable...