Homesociedade‘Marzo en igualdade’, celebración do 8M en Sober

‘Marzo en igualdade’, celebración do 8M en Sober

O concello centra o foco da acción nas exposicións e charlas educativas itinerantes de ‘inmarcesibles’, proxecto dos Servizos Sociais para combater o canon de beleza.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A exposición ‘inmarcesibles’, iniciativa dos servizos sociais do Concello de Sober, leva meses percorrendo concellos con grande éxito. O pasado 3 de marzo remataba o seu pase polo Concello do Saviñao, do 6 ao 14 estará no Concello de Bóveda e do 20 ao 31 acóllea o IES Río Cabe de Monforte.

No que respecta ás charlas educativas, estas centraranse na loita contra o canon de beleza. O 6 tivo lugar unha no Centro para Discapacidade Física de Bóveda e o 28 de marzo desenvolverase outra no IES Río Cabe.

OUTRAS ACCIÓNS

O 7 de marzo haberá unha actividade no Colexio Público Virxe do Carmen que consistirá na realización dunha decoración de globos con motivos de igualdade e o día 8, ‘Día Internacional da Muller’, farase un decorado de globos na Praza do Concello e unha presentación a través das redes sociais do ‘Proxecto de Igualdade 2023’.

Para o 9 está programada unha charla educativa e visionado do documental ‘Nosoutras’ no Centro Penitenciario Pereiro de Aguiar, e xa o 10, no ciclo ‘Merendas con Contos’, Lucía Rodríguez fará unha selección de lecturas sobre mulleres na Biblioteca Municipal.

ÚLTIMAS

Obradoiro contra a desinformación en Taboada

Esta actividade de alfabetización mediática será impartida por Selina Otero Verdes, licenciada en xornalismo...

En outubro aumentou en 110 o número de parados no centro-sur da provincia

Paro comarca de Sarria no mes de outubro 751 (+35): O Incio 32 (-1) Láncara 73...

O BNG de Monforte reclama transparencia no proceso selectivo da Policía Local

Os nacionalistas aseguran que as informacións publicadas sobre os resultados da primeira proba, na...

“Os dous de sempre”, do dúo Mofa & Befa, este 5 de novembro no Multiusos de Monforte

A función enmárcase na programación cultural impulsada polo Concello de Monforte a través da...