HomesociedadeA Furgoteca chega esta semana a Folgoso do Courel e O Incio

A Furgoteca chega esta semana a Folgoso do Courel e O Incio

A furgoteca, o novo servizo de bibliotecas móbiles da Xunta de Galicia, que arrancou hai uns días chega esta semana a Folgoso do Courel e O Incio.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Na zona centro sur da provincia estará mañá, 7 de marzo, en Folgoso do Courel, onde percorrerá as parroquias de Baldomir, Vilamor e Froxán. O mércores estará no Incio (Centro Sociocultural).

Todo o calendario cos lugares e paradas que se realizarán nas vindeiras semanas están dispoñibles xa na páxina web cultura.gal/furgoteca, nos lugares de información habituais do concello ou a través das redes sociais.

Na furgoteca pódense levar en préstamo exemplares de libros, películas, música ou xogos físicos e dixitais así como publicacións periódicas como revistas e xornais. Tamén se poden facer os trámites de expedición de carnés de usuario, formación nos sistemas de préstamos dixitais, así como distintas actividades de formación. Teñen conexión a internet, equipos informáticos portátiles e impresora. As bibliotecas móbiles son atendidas por persoal cun perfil técnico especialista en ocio educativo e animación sociocultural.

ÚLTIMAS

Monforte destina 47.500€ para unha nova pista polideportiva no barrio das Cruces

A nova pista terá unhas dimensións de 30 metros de lonxitude por 18 metros...

Chantada amplía a superficie do Punto Limpo

A Xunta e o Concello de Chantada colaboran para levar a cabo as obras...

O ensino centra as demandas de Esperta Monforte no pleno deste luns

Monforte de Lemos é a cabeceira dunha comarca cunha rede educativa ampla, que abrangue...

“Cando a propia persoa ou grupo afrontan con éxito a dificultade da súa problemática”, unha das satisfaccións dos Servizos Sociais de Pantón

Para comezar, como defenderiades o rol da educación social dentro do Concello de Pantón....