Homesociedade114.000€ no reforzo da rede de abastecemento danada polos incendios en 6...

114.000€ no reforzo da rede de abastecemento danada polos incendios en 6 núcleos do Courel

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade executou en seis núcleos de Folgoso do Courel obras de reconstrución e reforzo da rede de abastecemento de auga que se viu afectada pola vaga de incendios do pasado verán.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

As obras non se limitaron á reposición dos elementos danados senón que incluíron novas dotacións para mellorar o servizo. A Consellería, a través de Augas de Galicia, investiu 114.500 euros nos traballos, que se contrataron pola vía de urxencia e beneficiaron a Folgoso, O Mazo de Santigoso, A Campa, Vilar, Vidallón e Vilamor.

Entre as principais intervencións figura a instalación dun novo depósito de 15.000 litros no Mazo de Santigoso, que incrementa a cantidade e a presión da auga dispoñible. En Vidallón incorporáronse 12 bocas de incendio e dúas mangueiras para extinción de incendios forestais. Na Campa soterráronse 20 metros de tubaxe que xa fora substituída ao resultar danada pola realización dun cortalumes.

En Folgoso foi preciso refacer todo o sistema, xa que arderon as tres captacións das que se abastecía; problemas similares obrigaron a colocar novas arquetas e substituír a tubaxe en Vilar e Vilamor.

O delegado da Xunta, Javier Arias, destacou que desde o primeiro momento os esforzos estiveron dirixidos a garantir o abastecemento en todas as zonas damnificadas polo lume, que afectou gravemente ás infraestruturas hidráulicas. “Unha vez realizadas as tarefas máis urxentes, desenvolveuse este proxecto para mellorar as condicións de prestación do servizo”, apuntou.

ÚLTIMAS

José Tomé acompaña ao candidato socialista ao Senado, Roberto Castro, no inicio da campaña en Monforte

Do acto de pegada de carteis participou o candidato ao Senado, Roberto Castro, que...

“Falamos de cousas que poden volver pasar”, Rocío, de Rebuldeira Teatro sobre a obra ‘Vermello, unha historia da Guerra Civil’

A compañía Rebuldeira Teatro, de Sarria, chega a Monforte por primeira vez na súa...

Interesante obradoiro sobre fiscalidade para emprendedores rurais

O vindeiro martes 1 de decembro a Fundación Acción Contra a Fame organiza un...

O filme documental “O Son da Serra” comeza este 14 de novembro en Taboada as proxeccións pola provincia

“O día 14 de xullo de 2022 comezaba a arder a serra do Courel...