HomePolíticaA situación dos servizos en Parteme, Quiroga, chega ao Parlamento de Galicia

A situación dos servizos en Parteme, Quiroga, chega ao Parlamento de Galicia

O BNG leva ao Parlamento de Galicia a situación dos servizos de saneamento e da rede de sumidoiros en Parteme (Quiroga).

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A veciñanza de Parteme, na parroquia quiroguesa de Nocedo, leva tempo demandando a adecuación dos servizos básicos, competencia que a Lei de Bases de Réxime Local atribúe de maneira exclusiva aos municipios, se ben, pola capacidade financiera dos consistorios acaban por ser cofinanciadas con fondos doutras administracións.

No caso de Parteme, a situación do saneamento levou a estes veciños a presentaren queixas en diversas institucións “e a promover, da man dos políticos locais, iniciativas máis alá do concello, xa que o actual rexedor negouse en repetidas ocasións a recibilos” aseguran os nacionalistas.

Os desencontros entre a veciñanza de Parteme e a administración local dura anos. Nese tempo, aseguran desde o BNG que prestaron o seu apoio a estas demandas e hai uns días o portavoz nacionalista, Xosé Manuel Fernández, visitaba Parteme coa Deputada no Parlamento, Carme Aira, e da responsable comarcal, RosaAna Prieto. Desta visita nacería a iniciativa e pregunta para resposta escrita que o BNG presentaba no Parlamento galego, “xa que é competencia do goberno da Xunta o medioambiente e a posible contaminación de augas que se pode dar se os verquidos non se depositan da maneira e no lugar axeitado”.

Desaugue en Parteme / BNG Lugo Sul

ÚLTIMAS

Teatro, cine e citas tradicionais no Outono Cultural de Pantón

O Concello de Pantón a través da Concellaría de Cultura programa unha ampla e...

Formación en Chantada na técnica tradicional de cestería, Bouyricou

Durante a súa visita, Alén destacou a importancia destas accións para a transmisión do...

Monforte “tómase a peito” o cancro de mama

Durante toda a mañá, representantes e colaboradores da AECC ofreceron información sobre a actividade...