HomePolíticaOs socialistas do Saviñao piden ao alcalde que xestione coa Xunta unha...

Os socialistas do Saviñao piden ao alcalde que xestione coa Xunta unha residencia e un centro de día para O Saviñao

Rodríguez Pombo explicou que o concello conta cun alto índice de poboación envellecida “que merece uns coidados especias. Por iso entendemos que é prioritario poñer en marcha esta nova dotación para a veciñanza, e conseguir así que os nosos maiores poidan ser atendidos no seu concello e dentro do seu ámbito familiar. Meréceno”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os socialistas emprazan ao alcalde do Saviñao a facer as xestións oportunas para conseguir que a Xunta de Galicia cumpra coas competencias que lle outorga o Estatuto de Autonomía, e que constrúa unha residencia da terceira idade e un centro de día no municipio. “Para elo, hai unha parcela adquirida en 2011 pola Deputación a través de SUPLUSA en Escairón,” aseguran.

Celeste Rodríguez defenderá unha iniciativa na sesión plenaria, na que insta ao Concello “a adquirir o compromiso da Xunta de Galicia para a construción dunha residencia e centro de día, ofrecéndose a Deputación a ceder a finca logo de que haxa un acordo en firme por parte de Xunta e Concello”.

O voceiro socialista puntualiza que as competencias en materia de política social “son única e exclusivamente da Xunta de Galicia, como así se recolle no Estatuto de Autonomía de Galicia”, e lamentou que “o Goberno do PP leve preto de 14 anos sen abrir unha residencia pública na nosa comunidade”.

Dixo tamén que o PP “desmantelou o servicio de protección impulsado na lexislatura do bipartito co Goberno de Pérez Touriño”, e que a Deputación de Lugo “asumiu competencias pola inacción do Goberno autonómico, antes de Feijóo, agora de Rueda, na provincia de Lugo”. Así lembro que a Deputación “conta xa con nove centros de atención ás persoas maiores, que ofrecen máis de 300 prazas de atención e manteñen uns 230 postos de traballo directos, o 95% deles ocupados por mulleres. Ademais, ten outros 9 proxectos en marcha noutros tantos concellos rurais da provincia.”

ÚLTIMAS

Monforte saca a licitación a reforma do edificio municipal de Duquesa de Alba

O inmoble, situado nunha parcela de 620 m2, é propiedade do Concello de Monforte...

A Xunta e o concello do Páramo impulsan proxectos de interese municipal

A colaboración máis recente foi a pavimentación de accesos a San Mamede da Ribeira...

O Quiroga Trail Challenge ‘reinvéntase’

Despois dun agosto fatídico para parte das montañas do Concello de Quiroga por mor...