HomePolíticaO deputado provincial e tenente de alcalde de Láncara confía en consolidar...

O deputado provincial e tenente de alcalde de Láncara confía en consolidar a maioría absoluta no concello

Darío Piñeiro, alcalde e candidato á reelección en Láncara valora a continuidade de Rivera como número dous da súa lista para as próximas eleccións municipais do 28 de maio.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Pablo Rivera confía en consolidar a maioría absoluta dos socialistas na vindeira cita electoral, “Saímos a xogar co mellor plantel para gobernar Láncara. É a miña casa, o meu fogar, débollo todo. Por iso, me comprometo a seguir traballando como ata o de agora para mellorar a calidade de vida dos meus veciños”.

Rivera amósase preparado para afrontar novos retos, “A experiencia destes anos na Deputación ao fronte de áreas como promoción económica, benestar social, fondos europeos ou deportes, penso que lle aportan tanto ó Alcalde como ós veciños un plus de tranquilidade, porque cada día é máis difícil xestionar os recursos dos que dispoñemos os concellos pequenos e toda axuda é pouca.”

Asegurou que “contar co respaldo dun partido político que goberna na actualidade en institucións importantes para os concellos, como son a Deputación de Lugo ou o Goberno do España, é fundamental para forxar alianzas que permitan sacar adiante proxectos de futuro no noso concello”.

O tenente de alcalde agradece o compromiso de todos o concelleiros do Partido Popular que non repetirán no próximo mandato e do candidato do BNG destaca a súa boa predisposición, pero reclama “unha maior implicación”.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...