HomeTerra de LemossanidadeO CAPD de Sarria, 24 anos coidando de colectivos vulnerables

O CAPD de Sarria, 24 anos coidando de colectivos vulnerables

O Centro de Atención ás Persoas con Discapacidade vén de celebrar vinte e catro anos de actividade sociosanitaria e recibiu a visita de José Manuel Balseiro, delegado territorial da Xunta en Lugo.

Publicado o

- Advertisement -

A localidade de Sarria conta cun gran centro asistencial para persoas con discapacidade con aproximadamente 120 prazas das cales na actualidade haberá unhas 115 ocupadas segundo nos conta persoal do propio centro. Dos internos/as hai xente da contorna pero tamén usuarios de diferentes puntos da xeografía nacional e atenden deles uns 170 traballadores de media, tendo en conta que hai épocas do ano nas que o persoal contratado pode aumentar.

Dende o ano pasado o director é o sarriano Luís Pardo Fernández que tomou o relevo de Avelino Méndez, tras a súa xubilación. No día propio da efeméride, 26 de outubro, estivo presente o delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, que agradeceu o traballo que realizan cada día os profesionais que traballan no centro e tamén a implicación das familias. Balseiro destacou ademais que a Xunta está “ao lado dos colectivos máis vulnerables, reforzando o gasto social para mellorar servizos públicos como este”. Neste sentido aproveitou para lembrar que se acometeron recentemente diferentes obras de acondicionamento no centro por importe de máis de 52.000 euros; melloras consistentes na reparación da cuberta, renovación do chan da lavandería, traballos de pintura, adaptación da cociña e da instalación da calefacción para a conexión do gas natural.

Dando conta das melloras na lavandería. Fonte: Prensa Xunta

Abondando nas melloras, e de cara ao futuro próximo, está prevista a adquisición de dous guindastres de elevación e un de bipedestación, mellorando así as infraestruturas e o equipamento necesario para atender ás necesidades dos usuarios.

Na celebración do seu vixésimo cuarto aniversario están programadas para os usuarios/as do CAPD unha serie de actividades consistentes en actuacións musicais, obradoiros de pinta-caras, globoflexia e xogos.

ÚLTIMAS

Proxéctase a mellora urxente do Estado Municipal da Ribela

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, reuniuse co alcalde de Sarria,...

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...

Actividades para celebrar en familia no Verán Cultural de Chantada

Do 2 de xullo e ata o 30 de agosto, o Concello de Chantada,...

Adrián González, novo voceiro do PP de Quiroga

Adrián González, de 32 anos e vinculado ao deporte, agradece a confianza dos compañeiros...