HomesociedadeA D.O. Ribeira Sacra loce os seus viños no prestixioso 'Fenavin'

A D.O. Ribeira Sacra loce os seus viños no prestixioso ‘Fenavin’

Participará na XII Feira Nacional do Viño que se celebra en Ciudad Real do 9 ao 11 de maio. Estarán presentes 9 adegas do territorio protexido e contarase cun Túnel do Viño que organiza AGACAL.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A D.O. Ribeira Sacra participa na XII Feira Nacional do Viño que se celebra dende hoxe e ata o 11 de maio na cidade manchega de Ciudad Real. A D.O. Ribeira Sacra estará presente no stand da Xunta de Galicia, Pavillón 1, Osiris. Nesta edición do certame estarán presentes, tamén, as seguintes adegas da D.O. Ribeira Sacra con stand propio:

  • Adega Saínas
  • Dominio do Bibei SLU
  • EDV 2015
  • Moure Fernández, Rubén- Finca Cuarta
  • Ponte da Boga
  • Rectoral de Amandi. Bodegas Gallegas.
  • Ronsel do Sil
  • Terrazas de Outeiro
  • Viñas de Belesar

A D.O. Ribeira Sacra estará representada tamén no Túnel do Viño de Galicia que organiza AGACAL, Axencia Galega de Calidade Diferenciada, contando coa participación de Adegas Terrae S.L. e Adegas Petrón S.L.

FENAVIN, UN ESCAPARATE CON RELEVANCIA INTERNACIONAL

A participación en Fenavin supón a presenza da D.O. Ribeira Sacra nunha das citas máis importantes do sector en España coa asistencia de máis de 1.900 adegas e case 20.000 compradores nacionais e internaciones, profesionais do sector vitivinícola, enólogos, sumilleres, adegueiros, xornalistas especializados e medios de comunicación en xeral, así como outros expertos do mundo do viño. Na edición deste ano amplíase a superficie expositiva a 28.000 metros cuadrados.

ÚLTIMAS

José Tomé: “Eu quero recuperar para Monforte a autoestima de ser unha cidade, o 2024 foi espectacular e aínda será mellor”

O Concello de Monforte de Lemos despediu o ano co anuncio de grandes investimentos...

Os Reis Magos xa visitaron Sober

Os Reis Magos de Oriente xa visitaron o Concello de Sober. Empezaron a súa...

19,37€ destina cada galego ao sorteo do Neno

Segundo Lotarías e Apostas do Estado, o sorteo terá lugar ás 12.00 horas no...

O paro en Galicia reduciuse nun 8,24% no 2024 con 10.666 desempregados menos

Así o recollen os datos publicados este venres polo Ministerio de Traballo, que reflicten...