HomePolíticaEsperta Monforte reivindica "Salvar o Malecón"

Esperta Monforte reivindica “Salvar o Malecón”

O grupo municipal EspertaMonforte! realizou este mércores, 17 de maio, un acto simbólico na actual pasarela de madeira do Malecón coa intención de reivindicar "a importancia de salvar o noso malecón ante a ameaza por parte do actual alcalde dunha ponte de ferro na ubicación da actual pasarela de madeira, o que consideramos un atentado urbanístico, ambiental e paisaxístico e que estragará de forma irremediable un dos lugares máis fermosos e emblemáticos da nosa vila."

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Esperta Monforte segue defendendo a peonalización da ponte vella e a non construción da ponte de ferro en substitución da pasarela peonil do malecón. A formación política celebrará tamén o próximo día 21 de maio un acto simbólico na Ponte Vella “en reivindicación da necesaria peonalización desta ponte, feito que xa se podería ter artellado reaxustando a circulación do tráfico e sen ter que construir unha nova ponte. Esta alternativa da ponte de ferro non fará máis que colapsar de coches a xa escasa zona de aparcadoiro do ambulatorio e non servirá en absoluto para desconxestionar o tráfico do centro da cidade como así nos queren facer crer dende o actual goberno municipal,” aseguran desde Esperta Monforte.

Anuncian tamén que membros de Espertamonforte apoiarán e participarán o próximo día 20 de maio nun acto de recollida de lixo no río Cabe organizado pola plataforma Salvemos o Malecón, “Convidamos a toda a veciñanza de Monforte a participar neste acto para demostrar que non son figurantes quen está en contra desta nova ponte, senón que somos os veciños e veciñas de Monforte os que nos opoñemos a esta desfeita.”

A plataforma cidadá Salvemos o Malecón fai tamén unha chamada ás forzas políticas de Monforte para acordar un plan de cidade común no acto que organizan para o vindeiro 23 de maio na Fraternal ás 20.00h. Convídase á cidadanía e a PSOE, PP, BNG e Esperta Monforte. No encontro abordarase “o modelo de cidade san e de futuro que urxe acordar, deseñar e implementar para Monforte”.

Esperta Monforte “Salvar o Malecón” / Esperta Monforte

ÚLTIMAS

Está a arder Roxe de Sebes?

Em Soldom contarom-nos que naquela altura houvo quem pensou que César que podia ser...

Deteñen en Bóveda unha persoa requirida por un xulgado de Huesca

A Garda Civil detivo a unha persoa na localidade lucense de Bóveda tras non...

A Pobra do Brollón celebrará As Cores do Outono o 27 de setembro

O Concello da Pobra do Brollón vén de presentar o cartel da XI edición...

O lume non dá tregua no Concello de Quiroga

O incendio que saltou de Larouco a Quiroga o pasado 15 de agosto está...