HomeEconomíaConde destaca o compromiso de Magnesitas de Rubián coa efiencia enerxética e...

Conde destaca o compromiso de Magnesitas de Rubián coa efiencia enerxética e a sustentabilidade

Durante a súa visita, o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde fixo fincapé en que “é fundamental que toda a industria poida investir en eficiencia enerxética e polo tanto reducir os seus custos directos e ao mesmo tempo avanzar na sustentabilidade e na descarbonización dos seus procesos”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Francisco Conde, destacou esta martes o compromiso de Magnesitas de Rubián coa efiencia enerxética e a sustentabilidade. Conde, que visitou as instalacións desta compañía no Incio (Lugo), apuntou ademais que a empresa, da que dependen 60 empregos directos e indirectos, “é un exemplo claro de fixación de poboación no rural”.

Tal e como sinalou o vicepresidente primeiro, a compañía vén de instalar 1MW de enerxía solar fotovoltaica que permite substituír por autoconsumo arredor do 25% do consumo enerxético da planta. Ademais, están a instalar outro megawatt tamén de enerxía fotovoltaica na mina. En total, estas actuacións supoñen un investimento de 1,4 millóns de euros, dos cales máis de 442.000 euros proceden de axudas da Xunta de Galicia.

A compañía extrae neste xacemento 70.000 toneladas de magnesita ao ano con aplicacións diversas: un 80% da produción vai dirixido á industria alimentaria, como ingrediente para pensos de gando bovino. Tamén se usa en fertilizantes, tratamento de augas residuais, corrección do PH de solos agrícolas, na industria do papel ou no refinado de azucre.

Neste sentido, Conde apuntou que Magnesitas de Rubián non é só un referente no eido da eficiencia enerxética, investindo tamén noutras melloras no ciclo de produción, senón tamén desde o punto de vista ambiental, subliña que a Axenda da Minería Sustentable “vai na dirección que están marcando empresas como Magnesitas de Rubián”.

A través desta folla de ruta, “que é froito dun traballo consensuado co sector, Galicia impulsa a modernización e o crecemento axeitado da minaría, que vai ter que actuar como provedor de minerais estratéxicos para a dixitalización”.

ÚLTIMAS

“Falamos de cousas que poden volver pasar”, Rocío, de Rebuldeira Teatro sobre a obra ‘Vermello, unha historia da Guerra Civil’

A compañía Rebuldeira Teatro, de Sarria, chega a Monforte por primeira vez na súa...

Interesante obradoiro sobre fiscalidade para emprendedores rurais

O vindeiro martes 1 de decembro a Fundación Acción Contra a Fame organiza un...

O filme documental “O Son da Serra” comeza este 14 de novembro en Taboada as proxeccións pola provincia

“O día 14 de xullo de 2022 comezaba a arder a serra do Courel...

A loita contra a desinformación chega a Chantada este 14 de novembro

Este xoves, 12 de novembro, a alfabetización mediática do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia...