HomesociedadeBos datos de desemprego en maio: Sarria destaca como comarca e Monforte...

Bos datos de desemprego en maio: Sarria destaca como comarca e Monforte como concello

A Secretaría de Acción Sindical de CC. OO. Lugo vén de informar dos datos de paro do pasado mes nas comarcas do sur lucense.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A baixada do número de desempregadas/os alcanzou as catro comarcas que cubre este xornal sendo Sarria a que mellores datos conseguiu con 46 paradas/os menos. Por concellos, Monforte foi o máis destacado con 49 persoas menos anotadas na Oficina de Emprego.

Por comarcas os datos foron os seguintes:

Comarca de Sarria 815 (-46), Comarca de Lemos 1305 (-33), Comarca de Chantada 515 (-11) e Comarca de Quiroga 229 (-14).

Por concellos, os números son os seguintes:

COMARCA DE SARRIA

O Incio 37 (-1), Láncara  89 (+1), Paradela 20 (+1), O Páramo 30 (-2), Samos 29 (=), Sarria 596 (-40) e Triacastela 14 (-5).

COMARCA DE LEMOS

Bóveda 39 (=), Monforte 933 (-49), Panton 89 (+3), A Pobra do Brollón 57 (+9), O Saviñao 122 (-4) e Sober 75(+8).

COMARCA DE CHANTADA

Carballedo 61 (-2), Chantada 364 (-13) e Taboada 90 (+4).

COMARCA DE QUIROGA

Folgoso 41 (-1), Ribas del Sil 35 (-7) e Quiroga 153 (-6)

A Secretaría de Acción Sindical de CC. OO. na zona destaca de xeito especial o impulso do sector da hostalería e cren que son uns bos datos que chegan “como consecuencia dunha Reforma Laboral que está dando os seus froitos con maior contratación e emprego indefinido”.

ÚLTIMAS

Graduación de 2º de Bacharelato do IES A Pinguela

O IES A Pinguela celebrou un animado acto de graduación no que 53 alumnos...

Ferran Centelles: “Delicadeza é o que falta historicamente en España e a Ribeira Sacra ten o potencial de ofrecer eses viños”

Esta cata forma parte dos esforzos da Denominación de Orixe Ribeira Sacra para destacar...

O IES A Pinguela, único instituto de Galicia con FP de calzado e complementos de moda

Do encontro participou o profesorado do IES A Pinguela con empresarios monfortinos do sector...

O 30 de xuño o colexio de Sober celebra o 50 aniversario cun xantar de confraternidade

Ao longo deste medio século de vida teñen pasado polo centro máis de 1.270...