HomeMedio ambiente e PatrimonioO ‘IV Bioblitz Courel’, con máis de 1.000 especies observadas confirma a...

O ‘IV Bioblitz Courel’, con máis de 1.000 especies observadas confirma a Serra do Courel como un dos espazos con maior diversidade da Península

A Asociación de Desenvolvemento Rural Serra do Caurel cumpre os seus 25 anos de vida e, para celebralo, organiza unha serie de actividades que comezaron esta fin de semana co ‘IV Bioblitz Courel’ e cos que pretende promocionar a riqueza etnográfica e ecolóxica deste territorio.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Expertos de tódolos eidos da bioloxía inauguraron os quilómetros da biodiversidade, que se seguirán traballando ao longo do ano, co obxectivo de crear dúas pequenas rutas nas que se confirme que os distintos hábitats do Courel non só achegan riqueza natural e paisaxística, senón que tamén atraen turismo sostible.

“As máis de 1.000 especies observadas durante as dúas xornadas nas que se desenvolveu o IV Bioblitz do Courel confirman a nosa Serra como un dos espazos con maior biodiversidade da Península”, explica o presidente, Marcos Reinoso. Estas dúas rutas van discorrer polas aldeas de Paderne e Miraz, no Concello de Folgoso do Courel. O IV Bioblitz Courel desenvolveuse na Estación Científica do Courel e estivo coordinada pola Asociación Galega de Custodia do Territorio.

Que é un bioblitz

Un bioblitz é unha prospección intensiva de biodiversidade nunha área determinada, na que participan tanto naturistas profesionais como afeccionados, asesorados por expertos de campo. A edición deste ano completa as anteriores, levando a cabo un inventario biolóxico coa fin de obter o maior número de identificación e citas da flora, fauna e micobiota en varios espazos representativos deste territorio.

Con motivo do 25 seu aniversario, a Asociación de Desenvolvemento Rural Serra do Caurel deseñou o proxecto ‘2023 Un ano no Courel’ integrado por 11 subproxectos a través dos que transmitir a visión dun Courel con vida, dun Courel con futuro. Estes 11 subproxectos estrutúranse en oito actividades que teñen en común a valorización do territorio creando comunidade. Un deles foi a xornada desta fin de semana, á que seguirán outras moitas actividades e accións.

O obxectivo principal da asociación segue sendo o de contribuír a que Courel teña un futuro construído a partir dos seus valores humanos, ambientais e culturais. O proxecto ‘2023 Un ano no Courel’ conta para a súa realización cunha subvención de 39.315,70 €  a través da sinatura dun convenio coa área de Medio Rural, Mar e Mocidade da Deputación de Lugo.

Bioblitz / Asociación desenvolvemento Serra do Courel

ÚLTIMAS

Máis de 1.000 inscritos na XVI Carreira Popular do Concello de Monforte que pecha inscricións o día 21

A XVI Carreira Popular do Concello de Monforte, que se celebrará o domingo 26...

A Conselleira de Medio Rural avalía en Pantón e Folgoso do Courel iniciativas para a prevención de incendios e o desenvolvemento rural

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo delegado territorial da...

O PP advirte que “o Goberno de Sánchez non compromete unha data para o remate da rehabilitación da N-540”

Os deputados do PP no Congreso por Lugo e Ourense consideran preocupante que “o...

Xornada de formación ambiental e pesca responsable en Monforte

A cidade de Monforte acolleu unha interesante xornada formativa sobre medioambiente e pesca responsable...