HomeCulturaA pintora María Gandásegui expón no Círculo Saviñao

A pintora María Gandásegui expón no Círculo Saviñao

Vén de inaugurarse no Círculo Saviñao unha exposición da pintora María Gandásegui (A Estrada- Pontevedra).

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A mostra está formada sobre todo por acrílicos que teñen como motivo o mar e a figura humana. María, ademais de pintora, é perito calígrafo, grafóloga e amanuense, o que a obriga a ser minuciosa coas súas creacións artísticas. Licenciada en Filoloxía Clásica, este curso é a profesora de Latín en Grego no IES A Pinguela de Monforte de Lemos.

Duranre a inauguración estivo acompañada por amigos e socios do Círculo que, “a pesar do diluvio que nos estaba a acompañar, non se quixeron perder un acto que todos valoraron polo nivel e personalidade da artista”, destacan desde o Círculo Saviñao.

Gandásegui expón no Círculo Saviñao / Círculo Saviñao

ÚLTIMAS

Caurel Vivo volve a propoñer destinar a vivenda pública o cuartel da Garda Civil de Seoane

Caurel Vivo asegura que o concello se enfronta a importantes retos demográficos, sociais e...

O PP de Monforte prepárase para “lograr un cambio de Goberno” nas elección xerais

Os afiliados do PP de Monforte de Lemos mantiveron esta semana unha reunión de...

Patricia Varela Fernández, nova responsable local do BNG do Saviñao

A nova voceira nacionalista é veciña de Vilaesteva e profesora de Lingua Galega de...

Monforte convoca axudas para deportistas invidivuais federados

O Boletín Oficial da Provincia de Lugo publicou este pasado martes, 20 de outubro,...