HomePolíticaCourel Vivo denuncia que o Sergas non cubra as baixas do seu...

Courel Vivo denuncia que o Sergas non cubra as baixas do seu persoal nos centros de saúde do municipio

CV denuncia que o Sergas segue sen cubrir as baixas e vacacións do persoal sanitario nos Centros de Saúde do Courel, en Folgoso do Courel e Seoane.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Aseguran desde Courel Vivo que en situacións de baixa ou vacacións, o Sergas propón unha intersubstitución entre centros, “consiste en que os sanitarios de Folgoso se despracen a Seoane parte de mañá e viceversa, o que supón unha perda de Servizos Sanitarios para os pacientes e un desmantelamento dos mesmos, quedando os centros desprovistos de persoal parte da mañá. Non podemos tolerar tanto desprezo por parte da Xunta de Galicia cara a zona de montaña e ao noso concello en particular”, aseguran.

A formación política considera que se vulnera varias normativas comunitarias e O Artigo 43 da Constitución que recoñece o dereito a Saúde de cada persoa e  di que “Compete ós  poderes públicos organizar e tutelar a saúde pública a través de medidas preventivas e das prestacións e servizos necesarios.”

Courel Vivo asegura que non permitirá se saque un servizo máis ou que non se cubran as baixas e libranzas dos profesionais sanitarios, “pretendemos chegar a onde sexa con este problema reiterado e non nos quedaremos cos brazos cruzados mirando a  falta de empatía e desprezo que teñen desde un sillón na urbe, cos servizos no rural.”

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...